jueves, 21 de diciembre de 2017

IMOS CANTAR E BAILAR

PODEDES VER AS NOSAS ACTUACIÓNS NO SEGUINTE ENLACE , SÓ TEDES QUE COPIAR O HTTP E PEGALO NO VOSO BUSCADOR. ESPERO QUE VOS GUSTE.

 http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d161130121k4268990o1l1/imos-cantar-e-bailar-nadal-2017

TAMÉN PODEDES VER A POSTAL DE NADAL FEITA COS PRATOS DO AMIG@ INVISIBLE NA PÁXINA WEB DO CRA CULLEREDO... E NON ESQUEZADES QUE HAI UN DRAGÓN NO BURGO ESPERÁNDOVOS PARA SACAR UNHA FOTO CON VÓS.

FESTIVAL DE NADAL

TIVEMOS DE TODO: CONTACONTOS, PANXOLIÑAS, VISITA DO CARTEIRO REAL, MERENDOLA E MOITO TEMPO PARA XOGAR. NESTE INTRE NON SON QUEN DE SUBIR O VÍDEO DA NOSA ACTUACIÓN PERO PROMETO INVESTIGAR E VER SE É POSIBLE. MENTRES TANTO SÓ NOS QUEDA PASAR UNHAS ESTUPENDAS FESTAS DE NADAL E ATOPARNOS DE NOVO NO 2018. BO NADAL FAMILIAS!!

CELEBRANDO O NADAL

XA REMATAMOS O PRIMEIRO TRIMESTRE E HOXE FOI UN DÍA ESPECIAL POIS CELEBRAMOS O NADAL NA ESCOLA DA CHOEIRA , XUNTÁNDONOS TODO O PROFESORADO E ALUMNADO DO CRA DE CULLEREDO.

O MOMENTO MÁIS ESPERADO POLOS NENOS E NENAS FOI SEN DÚBIDA A CHEGADA DO CARTEIRO REAL, A QUEN LLE ENTREGARON A CARTA FEITA NO COLE.
NESA CARTA CADA QUEN DEBUXOU O SEU XOGUETE PREFERIDO E ADEMÁIS A PROFE GUADA CONTOULLE AOS REIS MAGOS  O BEN QUE SE PORTAN NA ESCOLA, PARA SUMAR PUNTOS E QUE  O TEÑAN EN CONTA.

martes, 12 de diciembre de 2017

TORSO , HENRI MATISSE 1944

SEGUIMOS A FACER ARTE CON MATISSE, NESTA OCASIÓN QUIXEMOS INSPIRARNOS NA OBRA TITULADA TORSO , USANDO A MESMA COR EN OSCURO E CLARO E RECORTANDO PAPEL.  ATOPAMOS FORMAS SORPRENDENTES.


ANIVERSARIO DE CARMELA

XA CELEBRAMOS O DERRADEIRO ANIVERSARIO DO ANO 2017, A NOSA CARMELA CUMPRÍU CATRO ANIÑOS E NÓS ESTAMOS ENCANTAD@S DE   ACOMPAÑALA E PASAR ESTE DÍA ( E MOITOS MÁIS!!) CON ELA .


miércoles, 6 de diciembre de 2017

O APALPADOR

O APALPADOR É COMA UN PAPÁ NOEL GALEGO. UN VELLO CARBOEIRO QUE VIVE NAS MONTAÑAS DO COUREL E BAIXA NO NADAL PARA ACHEGARSE AS CASAS DOS NENOS E NENAS E VER SE ESTÁN BEN MANTIDIÑOS, NIN DEMASIADO FRACOS , NIN GORDIÑOS. PARA COMPROBALO APÁLPALLES AS BARRIGUIÑAS MENTRES DURMEN E DÉIXALLES UNHA PRESIÑA DE CASTAÑAS XUNTO CUN PEQUENO AGASALLO. TODO ISTO PODEDES APRENDELO SE CANTADES COS VOSOS FILLOS E FILLAS ESTA CANCIÓN. TOMADE NOTA POR SE ACASO...

SABOREANDO O NADAL: GINGER BISCUITS

ESTE MARTES SANDRA , A NOSA TEACHER , TROUXO A VINSEIRA O NOVO FORNO DO CRA E ESTREÁMOLO ELABORARDO AS GALLETAS DE JENJIBRE . ELA TRAÍA A MASA XA PREPARADA PARA QUE NOS DERA TEMPO DE FACELAS, FORNEALAS E POR SUPOSTO, COMELAS. ESTABAN RIQUÍSIMAS E NOS PUXEMOS AS BOTAS. GRAZAS TEACHER POR ESTA DIVERTIDA E SABROSA EXPERIENCIA.

ADORNANDO O NADAL

NO NADAL É COSTUME  ENGALANAR OS FOGARES E  AS RÚAS , E NÓS NON QUIXEMOS SER MENOS. CUN POUCO DE MAÑA E MOITA ILUSIÓN CREAMOS OS NOSOS ADORNIÑOS DE NADAL , QUE POR CERTO, QUEDÁRONNOS MOI CHULOS.

viernes, 1 de diciembre de 2017

LA GALLINA DE LOS HUEVOS DE ORO

OLLANDO ESTE TRAILER SEGURO QUE @S NEN@S VOS CONTAN UN MONTÓN DE COUSAS , XA QUE ESTIVERON MOI ATENT@S E FIXÁRONSE BEN NOS PEQUENOS DETALLES.

TEATRO NO FORUM METROPOLITANO

EMPEZAMOS O MES DE NADAL CUNHA XORNADA ESPECIAL, UNHA SAÍDA Á CORUÑA PARA ASISTIR A UNHA FUNCIÓN DE TEATRO.
 A OBRA LA GALLINA DE LOS HUEVOS DE ORO REPRESENTADA POR ZUM ZUM TEATRE ESTIVO XENIAL, GUSTOUNOS A MAIORES E PEQUENOS.
AS NENAS E NENOS TAMÉN MERECEN UN  APLAUSO POLO SEU  COMPORTAMENTO EXEMPLAR.

miércoles, 29 de noviembre de 2017

TEMOS QUE COMER DE TODO

TODOS  OS ALIMENTOS NOS APORTAN  NUTRINTES
NECESARIOS PARA O BO DESENVOLVEMENTO DO NOSO CORPO E DA NOSA MENTE, POR ISO NUNHA DIETA VARIADA DEBEMOS COMER DE TODO.

  CADA GRUPO DE ALIMENTOS AXUDA AO NOSO ORGANISMO DE DIFERENTE MANEIRA

LA NEGRESSE, HENRI MATISSE 1952

PREME NA IMAXE

ICARUS, HENRI MATISSE 1943/1944

PREMA NA IMAXE PARA VELA EN PANTALLA COMPLETA


POLINESIA, EL MAR- MATISSE 1946

PREME NA IMAXE

AS TESOIRAS DE MATISSE


ESTE LIBRO DESCUBRIUNOS QUE MATISSE , DESPOIS DE TODA UNHA VIDA ADICADA AO ARTE E A PINTURA, ENFERMOU SENDO MAIOR E TIVO QUE PASAR OS DERRADEIROS ANOS DA SÚA VIDA ENCAMADO OU EN CADEIRA DE RODAS.
PERO O SORPRENDENTE FOI QUE ISO NON LLE IMPEDÍU SEGUIR CREANDO UNHAS OBRAS DE ARTE TOTALMENTE INNOVADORAS A PARTIRES DE PAPEL RECORTADO

E NESA ETAPA DA SÚA OBRA CHEA DE FORMAS E CORES ATOPAMOS A NOSA INSPIRACIÓN.




sábado, 25 de noviembre de 2017

TAREFAS INTEGRADAS DA BIBLIOTECA: LÓXICA

SEGUIMOS TRABALLANDO NAS TAREFAS CONXUNTAS DA BIBLIOTECA DO CRA, SEMPRE TENDO COMO PUNTO DE PARTIDA OS LIBROS.
 ESTAS SEMANAS XOGAMOS COAS FORMAS, AS CORES  E, COMO NON, OS ALIMENTOS.
TOCOUNOS  BUSCAR ALIMENTOS E COMIDAS DE FORMA CADRADA, QUIZÁIS FOI A MÁIS DIFÍCIL PERO BUSCANDO IMAXES EN GOOGLE COMPLETAMOS A TAREFA.
TAMÉN TIVEMOS QUE ATOPAR ALIMENTOS DE COR NEGRA E AMARELA. RESULTOU MÁIS DOADO, COAS IDEAS DE TOD@S E UN POUCO DE INVESTIGACIÓN XA TIÑAMOS DE SOBRA.

viernes, 24 de noviembre de 2017

viernes, 17 de noviembre de 2017

EXPERIMENTACIÓN

O PROFE IVÁN ENSÍNANOS O MÉTODO CIENTÍFICO A TRAVES DA OBSERVACIÓN, A FORMULACIÓN DE HIPÓTESES E A CONCLUSIÓN Á QUE CHEGAMOS UNHA VEZ EXPERIMENTADAS ESTAS MESMAS.

A SEMANA PASADA VIMOS COMO CUN LIMÓN PODEMOS EXPLOTAR UN GLOBO SEN TOCALO.
 POIS ESTA SEMANA USAMOS O SEU ZUME  PARA FACER TINTA INVISIBLE,  E XA DE PASO, BOTÁNDOLLE AUGA E AZUCRE FIXEMOS UNHA LIMONADA MOI RICA.

PREME ENRIBA DO COLLAGE PARA VELO EN PANTALLA COMPLETA.


CARTA DE ILLA FANTASÍA

CHEGOU A TERCEIRA CARTA DE ILLA FANTASÍA. ESTA VEZ É O MAGO ALFA QUEN A ENVÍA. TEMOS QUE CUMPRIR TRES RETOS. ESTAMOS POLO PRIMEIRO , TRÁTASE DE DESCIFRAR UNHA MENSAXE EN LINGUA DRAKO ( A LINGUAXE DOS DRAGÓNS) ...ESTÁ MOI COMPLICADO O ASUNTO PERO XA TEMOS ALGUNHAS PISTAS.


martes, 14 de noviembre de 2017

ANIVERSARIO DE OMAR

HOXE O NOSO BENXAMÍN CUMPRÍU 3 ANIÑOS...PERO SEGUE SENDO O NOSO PEQUE. PARABÉNS DE PARTE DE TOD@S OMAR.

(PINCHA ENRIBA DA FOTO PARA VELA EN PANTALLA COMPLETA)


lunes, 13 de noviembre de 2017

TAREFAS INTEGRADAS DA BIBLIOTECA

DENDE A BIBLIOTECA XURDEN UNHA SERIE DE TAREFAS A REALIZAR DE FORMA CONXUNTA NAS DISTINTAS ESCOLAS DO CRA  .  A PRIMEIRA  QUE NOS TOCOU DESENVOLVER FOI A ARTÍSTICA. O PROCESO DE CREACIÓN PARTÍU TOTALMENTE DAS IDEAS DO ALUMNADO QUE  DECIDÍU A PERSONAXE, O NOME DA MESMA, COMO ERA E QUE FACÍA. A REALIZACIÓN PLÁSTICA É UN TRABALLO COLABORATIVO.

( PINCHA ENRIBA DOS COLLAGES PARA VELOS EN PANTALLA COMPLETA)


O PUNTO DE PARTIDA: A NOSA INSPIRACIÓN



O RESULTADO: A NOSA CREACIÓN



jueves, 9 de noviembre de 2017

MAGOSTO 2017 2ª PARTE

VOS PREGUNTAREDES... ONDE ESTÁN AS CASTAÑAS?. POIS NON AS VEREDES ! PORQUE CO LÍO DE COMER E PELAR, PELAR E COMER... ESQUECIMOS SACAR FOTOS, ASÍ QUE NON HAI .

MAGOSTO 2017 1ª PARTE

O BO TEMPO NON NOS ACOMPAÑOU, PERO PUIDO SER PEOR. AÍNDA ASÍ CUMPRIMOS CO PROGRAMA: XOGOS, BAILE, AGRADECEMENTOS E O MÁIS IMPORTANTE, A DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS , QUE ESTABAN DELICIOSAS, QUENTIÑAS E MOI BEN ASADAS .

miércoles, 8 de noviembre de 2017

PREPARÁNDONOS PARA O MAGOSTO

MAÑÁ IMOS AO PARQUE DE CELAS A CELEBRAR O MAGOSTO CON TODOS OS AMIGOS E AMIGAS DAS ESCOLAS DO CRA, POR ISO ESTA SEMANA ANDIVEMOS MOI OCUPADOS FACENDO UNHAS CESTIÑAS NAS QUE IMOS LEVAR AS CASTAÑAS E RECOLLER AS CASCAS (É MOI IMPORTANTE DEIXAR O PARQUE LIMPO). MIRADE O QUE SE PODE FACER A PARTIR DUN TETRABRIK.

martes, 7 de noviembre de 2017

ILLA FANTASÍA

A AVENTURA NA ILLA FANTASÍA XA ESTÁ EN MARCHA. A ESCOLA DOS UNICORNIOS ESTÁ DESTRUÍDA E YOU YOU TU ESCRIBIUNOS PEDÍNDONOS AXUDA. XA RECIBIMOS AS DÚAS PRIMEIRAS CARTAS E NELAS ANUNCIÁBANOS A VISITA DE BRÚJULA. FOI  MOI EMOCIONANTE .  PODEDES VER O VÍDEO ONDE NOS CONTAN O ACONTECIDO NA ILLA FANTASÍA. NÓS ESTAMOS DISPOSTÍSIM@S A AXUDAR NO QUE FAGA FALLA.

VISITA DE BRÚJULA, A GRAN BRUXA CHINA

ESTA ESCOLA É UNHA CAIXA DE SORPRESAS...MELLOR DITO, UNHA MALETA DE SORPRESAS, PORQUE ISO FOI O QUE NOS ENSINOU HOXE BRÚJULA  CANDO POR FIN ATOPOU A ESCOLA DE VINSEIRA. VIÑA A POBRE MOI MAREADA PORQUE PERDERA O NORTE E NON DABA CON NÓS. PARA QUE NON LLE VOLVA PASAR DEIXOU OS UNICORNIOS DO NORTE, SUR, LESTE E OESTE BEN ORIENTADOS.
A MALETA ESTABA CHEA DE OBXECTOS QUE RECOLLEU NAS SÚAS VIAXES E QUE HOXE COMPARTÍU CON NÓS.

martes, 31 de octubre de 2017

CURTAMETRAXE DE COCORICO

PASAMOS MEDO CON COCORICO NESTA ANIMACIÓN DE OQO, SOBRE TODO CANDO FOI AO MONTE POR LEÑA, CON ESA MÚSICA... TIVEMOS QUE ARREXUNTARNOS MOITO PARA NON TREMAR. DENDE AQUÍ PODEDES DISFRUTALA EN FAMILIA.

FESTA DE SAMAÍN

CONTAMOS HISTORIAS DE MEDO, BAILAMOS, VIMOS CURTAMETRAXES, XOGAMOS A ADIVIÑAR QUEN VIVE NO CASTELO , CREAMOS SERPES E DEMÁIS BECHOS COMESTIBLES, FIXEMOS FLOCOS DE MILLO E MANS DE BRUXA...E ATA BRINCADEIRAS COAS FAMILIAS . O DÍA NON DEU PARA MÁIS PERO...AÍNDA QUEDA A NOITE !!! LEMBRADE O NOSO CONXURO E BERRÁDEO BEN ALTO. FORA MEDO!! FORA MEDO!!

FESTA DE SAMAÍN

POR FIN CHEGOU O DÍA... E VAIA ALGARABÍA!!

lunes, 30 de octubre de 2017

XA ESTÁ CHEGANDO O DÍA.

TODO PREPARADO, MAÑÁ ABRIMOS AS PORTAS AOS DEFUNTOS CELEBRANDO O SAMAÍN...PERO CO NOSO AMULETO E O NOSO CONXURO ESTAMOS PROTEXID@S DAS FORZAS MALIGNAS E IMOS BOTAR O MEDO FORA.


A NOSA CABAZA

ESTE ANO AS CABAZAS SON DA TALLA XXL, TANTO AS QUE TROUXESTES DA CASA COMO A QUE BALEIRAMOS  E TAIAMOS NO COLE. A MAIORÍA DOS NENOS E NENAS METERON AS SÚAS  " MANS NA MASA" PERO TAMÉN HOUBO QUEN PREFERÍU METER A CULLER , O CASO É QUE ENTRE TOD@S FIXEMOS UNHA CABAZA MOI CHULA. 

MOUNSTRUO ROSA

HOXE, VÍSPERA DE SAMAÍN, RECIBIMOS NA ESCOLA UNHA VISITA SORPRESA QUE NOS ENCANTOU... O MONSTRO ROSA SAÍU DO SEU LIBRO PARA ESTAR CON NÓS . CONTOUNOS A SÚA HISTORIA, PRESENTOUNOS AOS SEUS NOVOS AMIGOS E REPARTÍU AS CHUCHES QUE TRAÍA NUNHA CABAZA. DISFRUTAMOS UN MONTÓN !!! GRAZAS MONSTRO ROSA, VOLTA CANDO QUEIRAS!!

domingo, 29 de octubre de 2017

miércoles, 25 de octubre de 2017

VÍDEO EDUCATIVO SOBRE A DIXESTIÓN

ESTE VÍDEO VÍMOLO NO COLE E AÍNDA QUE PARECE COMPLEXO GUSTOUNOS MOITO . AGORA SE QUEREDES TAMÉN PODEDES DISFRUTALO EN FAMILIA.

QUE OCORRE COS ALIMENTOS QUE INXERIMOS CADA DÍA?

A DIARIO INXERIMOS ALIMENTOS , QUE LLES OCORRE UNHA VEZ QUE OS METEMOS NA BOCA E OS TRAGAMOS? NO COLE  VIMOS COMO VIAXABAN POLO INTERIOR DO NOSO CORPO E SE TRANSFORMABAN EN PAPAS , NUTRINTES E CACOLAS, AO  PASAR POLOS DIFERENTES ÓRGANOS .
TAMÉN XOGAMOS A FACER DEBUXOS, LETRAS E NÚMEROS CON AZÚCRE. POR SUPOSTO , CHUPAMOS OS DEDOS...E LIMPAMOS AO REMATAR.

PREPARANDO O SAMAÍN

ESTA SEMANA ADICÁMOLA A PREPARARNOS PARA CELEBRAR O SAMAÍN , QUE XA ESTÁ CHAMANDO Á PORTA...

CABAZAS MONSTROSAS

QUE DIVERTIDO E DOADO É DISEÑAR CABAZAS  CANDO NON HAI QUE USAR COITELOS . A IMAXINACIÓN NON TEN LÍMITES, MIRADE QUE CHULADA!!

martes, 17 de octubre de 2017

A MAMÁ DE MARTINA VEU Á ESCOLA

SANDRA ESTÁ ESPERANDO UN BEBÉ  QUE NACERÁ PRONTO E HOXE VEU  ENSINARNOS UNHAS ECOGRAFÍAS NAS QUE  PUIDEMOS VER COMO ERA A SÚA CARIÑA, AS SÚAS MANS  E TAMÉN COMO SE MOVÍA DENTRO DA BARRIGA . FIXÉMOSLLE PREGUNTAS E TOCÁMOSLLE NA BARRIGOLA QUE DISQUE TRAE BOA SORTE... ESTABA MOI DURA.
XA APUNTAMOS NO CALENDARIO A DATA NA QUE SE ESPERA O NACEMENTO  E AGARDAMOS CON MOITÍSIMA ILUSIÓN A VINDEIRA VISITA DE SANDRA...E VIOLETA.
GRAZAS FAMILIA POR ESTE RATO XUNT@S. UN BICO GRANDE PARA MARTINA.

miércoles, 11 de octubre de 2017

XOGANDO COS SENTIDOS

ADEMÁIS... XOGAMOS Á PITA CEGA, RECOÑECEMOS ÁS VOCES DOS DEMÁIS, FIXEMOS DE LÁZAROS E DE CEGOS, GUIÁMONOS POLO SON DOS INSTRUMENTOS, ESCOITAMOS O INTERIOR DOS NOSOS CORPOS...  CONCENTRÁNDONOS NOS SENTIDOS DA VISTA, OUVIDO E TACTO

SABOREANDO

POR QUE UNS ALIMENTOS NOS GUSTAN E OUTROS NON? CANTOS SABORES HAI? PODEMOS DIFERENCIALOS?  RECOÑECEMOS OS ALIMENTOS  POLO SEU OLOR? VENSE AS PAPILAS GUSTATIVAS QUE TEMOS NA LINGUA?
XOGANDO E EXPLORANDO PROCURAMOS ACLARAR ESTAS DÚBIDAS .

lunes, 2 de octubre de 2017

5 ANIÑOS MOI BEN APROVEITADOS!!

EN ACCIÓN



E AÍNDA QUE HAI NADA QUE COMENZAMOS MIRADE A DE COUSAS QUE FIXEMOS XA…EXPERIENCIAS, MANUALIDADES , XOGAMOS CON TOD@S @S PROFES, COMENZAMOS O NOSO PROXECTO E ATA CELEBRAMOS UN CUMPREANOS. FELICIDADES VICTORIA!!
 ADEUS  AO MES DE SETEMBRO ,  ADENTRÁMONOS DE CHEO NO OUTONO.
EN ACCIÓN on PhotoPeach

PASIÑO A PASIÑO



SAÚDOS FAMILIAS. AQUÍ ESTAMOS DE NOVO, ARRANCAMOS DESPOIS DESTAS PRIMEIRAS  SEMANAS TAN IMPORTANTES QUE NOS SERVIRON PARA ACHEGARNOS, COÑECERNOS, ADAPTARNOS ÁS NOVIDADES E CREAR LAZOS AFECTIVOS.
NESTE VÍDEO, ADICADO ESPECIALMENTE AOS NOSOS PEQUES DE 3 ANOS PODEDES VER QUE NA ESCOLA ESTAMOS TAN CONTENT@S.
PASIÑO A PASIÑO... on PhotoPeach

miércoles, 28 de junio de 2017

Pechado por vacacións!

FELICES VACACIÓNS A TOD@S!
Moitas grazas a tod@s por este curso tan xenial! DESFRUTADE E A PASALO BEN!


Festa último día de cole 23-06-2017

Hoxe remata o cole!

Para celebralo, entre todos trouxemos comida para compartir cos compañeir@s. Estaba todo boíiiiiisimo. Despois do recreo invitamos ás familias para bailarlles unha canción, recitar unha poesía de despedida e facer entrega das notas e agasallos. Fixémoslles unha pequena homenaxe aos maiores que o ano que ven marchan para o cole dos maiores: XIANA, DANY, DANIEL, TAYLOR E XOEL (botámoste en falta!)
E, como despedida e como o tempo acompañou, fixemos unha festa da auga!!!

Moitas grazas a todas as familias por facer o esforzo de vir e por facer que este último día un fin de curso para recordar. GRAZAS!

E MOITA SORTE PARA OS MAIORES NOS SEUS NOVOS COLES!Sodes uns campións!

Último día de cole on PhotoPeach

Cumples do verán: Andrés, Lola e Daniel 20-06-2017

Hoxe celebramos os cumples dos compañeir@s que están de aniversario no verán: Andrés, Lola e Daniel, que cumplen 4, 5 e 6 anos respectivamente.
FELICIDADES COMPIS! E QUE CUMPLADES MOITOS MÁIS!

Cumples do verán (Andrés, Lola e Daniel) on PhotoPeach

Visita de Henrik (pai de Taylor) 19-06-2017

Henrik, o papá de Taylor, traballa con madeira e quixo vir ao cole a contarnos o que fai e a explicarnos moitas curiosidades sobre a madeira e cómo traballala.
Experimentámola coa vista, o olfacto, o tacto... Explicounos cómo coñecer a idade das árbores, a diferenciar unha madeira dura dunha branda, cómo darlle forma, etc. E, como agasallo, el e mais Taylor fixeron no seu taller unha táboa para cortar embutido para cada un cos nosos nomes gravados. Son uns artistas!

Moitas grazas pola visita, Henrik!

Visita de Henrik (pai de Taylor) on PhotoPeach

Visita a Illa Fantasía (Gandarío) 16-06-2017

Por fin imos coñecer Illa Fantasía!
É un sitio precioso, moi preto da praia. Alí coñecimos en persoa ás personaxes da Illa, fixemos un roteiro para coñecer onde viven, fixemos voar o globo, almorzamos no campiño do Bosque e regaláronnos moitas cousas! Aos maiores da escola, como xa aprenderon a ler e a escribir, regaláronlles un unicornio co seu nome.

Foi un día xenial!

Visita a Illa Fantasía on PhotoPeach

domingo, 11 de junio de 2017

Excursión de fin de curso ao muíño do Pedroso (Narón) 09-09-2017

Marchamos de excursión de fin de curso!
Fomos visitar o muiño de Pedroso, en Narón.
Fixemos 3 talleres: un de elaboración de pan, outro de mermelada de kiwi e outro de pegadas de animais con barro. Visitamos o muíño onde moían as fariñas para o pan. Explicáronnos o sistema de troco que facían antigamente os veciños intercambiando cousas.
Despois, xantamos e xogamos un ratiño até que foi hora de marchar.
Viñamos tan cansos que algúns quedamos durmidos polo camiño!

Excursión de fin de curso ao Muíño do Pedroso (Narón) on PhotoPeach

Invitacións para ir a visitar Illa Fantasía 06-06-2017

Chegaron por correo as invitacións para ir visitar Illa Fantasía!
Qué nervios!
Estamos convidados o venres 16 de xuño en Gandarío! VIVAAAAAA!

Invitacións para Illa Fantasía on PhotoPeach

martes, 30 de mayo de 2017

Inauguración do MUCRA 29/05/2017

Onte fomos inaugurar o noso MUCRA!
Hai unha chea de cousas antigas! e están divididas en 5 seccións:
- Útiles da casa
- Cousas da vida
- Cousas da escola
- Ferramentas
- Tecnoloxía
Podedes atopar todas as que trouxemos desde Vinseira?
Despois, Maruxa e Pepiño despídense desexando un bo verán regalando a cada escola un útil de cociña para o proxecto do curso que vén. GRAZAS POR TODO, MARUXA E PEPIÑO!

LEMBRADE QUE PODEDES VISITAR O MUSEO DESDE O MARTES 30 AO VENRES 2 EN VILLA MELANIA (VILABOA) EN HORARIO DE 17 A 20 H.
E non esquezades descargar nos vosos móbiles ou tablets un "LECTOR DE CÓDIGOS QR" para desfrutar dunha experienca completa do MUCRA!

Inauguración do MUCRA on PhotoPeach

miércoles, 24 de mayo de 2017

Preparativos Illa Fantasía

Xa estamos cos preparativos para a viaxe a Illa Fantasía!

Coa axuda do prove Ivan, aquí estamos decorando o noso anaco de cuarterón para facer o globo aerostático.
XA FALTA MOI POUCO!


Última visita de Malauva 24/05/2017

Hoxe veu de visita a Vinseira Malauva!

Viaxou desde Illa Fantasía coa súa nova escoba. Contounos un conto dunha bruxa que perdía cousas polo camiño cando voaba. Igualiño ca ela!
Axudámoslle a encontrar as súas cousas perdidas e, para decorar a súa casa, pediunos se lle faciamos un retrato dela nunha guirnalda.
Como despedida, cantámoslle e bailámoslle o Kumananá.
Moitas grazas pola visita, Malauva! Vémonos prontiño en Illa Fantasía!

Última visita de Malauva on PhotoPeach

MUCRA 2017. Peza 515: "Pesa"

lunes, 22 de mayo de 2017

MUCRA 2017. Peza 511: "Máquina de escribir"

MUCRA 2017. Peza 510: "Muíño de gran"

MUCRA 2017. Peza 509: "Pizarrillos"

MUCRA 2017. Peza 508: "leiteira"

MUCRA 2017. Peza 507: "Fervedor"

MUCRA 2017. Peza 506: "Radiocassette"

MUCRA 2017. Peza 505 "Ola de 16 litros"

domingo, 21 de mayo de 2017

Romaría as Letras Galegas na Torre de Celas 19/05/2017

Hoxe celebramos a célebre romaría na Torre de Celas en compañías das nosas familias!

Antes da súa chegada, xogamos a 5 xogos tradicionais cos profes: os zancos, as chapas, a goma, a pita cega e decorar o maio.
Despois tocou o turno das nosas actuacións: primeiro por escolas, e despois en grupo con 2 invitados especiais: Bea a de Estrella e Gonzalo.
Coñecimos en persoa á famosa xogadora de rugby, Elena Roca. Aprendeunos moitos dos entrenos que fan eles mesmos e foi xenial.
Despois, tocaba repoñer forzas xantando en familia. E, de postre, uns poucos xogos para que participen os adultos! Carreiras de sacos, a corda, o pañuelo...

Moitísimas grazas pola vosa participación, familias! De non ser por vós, nada disto podería ser posíbel!

Romaría das Letras Galegas on PhotoPeach

Cumple de Xoel 18/05/2017

Hoxe, un dos nosos maiores está de 6ª aniversario: Xoel
PARABÉNS COMPAÑEIRO! E QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS!

miércoles, 17 de mayo de 2017

MUCRA: A ola de 16 litros de Taylor 12/05/2017


MUCRA: Os zocos de Victoria 08/05/2017

MUCRA: A radio antiga de Xoel 05/05/2017

MUCRA: As ferramentas de Zoqueiro de Andrés 03/05/2017

MUCRA: O candil de Xoán 28/04/2017

Estes son os preparativos que estamos a facer para a creación do noso Museo do CRA (o MUCRA). Cada un trae un obxecto antiguo e, coa información recopilada coa axuda da súa familia, explícanos entre outras cousas: o seu nome, a súa antigüidade, o seu uso, para qué serve, etc.




Cumple de Laura 09/05/2017

Hoxe outra das nosas medianas celebra o seo 5º cumple con nós. Ela é Laura

PARABÉNS COMPAÑEIRA! E QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS!


Cumple de Aurora 02/05/2017

Hoxe celebramos o 5º cumple doutra das nosas medianas: Aurora

PARABÉNS COMPAÑEIRA! E QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS!

Visita ao Xardín Botánico do Burgo 27/04/2017

Marchamos ao Burgo a visitar o Xardín Botánico.
Vimos as hortas, explicáronnos o que estaba plantado en cada unha delas. Tamén visitamos o invernadoiro, e aprendimos a plantar sementes de pemento e tomate.

Botádelle un ollo á experiencia:
Visita ás hortas do Xardín Botánico on PhotoPeach

4ª visita Malauva 26/04/2017

Outra vez apareceu Malauva de visita en Vinseira!

Viña cargadísima de cousas e agotada... Pero sacou do seu peto unha pócema máxica que lle daba moita enerxía e bebeuna. É verdade, funciona!!!! nós tamén queremos!! Cómo a fixeches, Malauva??
Primeiro tiñamos que descubrir os ingredientes co un xogo de memory. Despois, apuntalos na receita. O Búho Beto deixou na porta unha cesta chea deses ingredientes! E agora ven o divertido: preparala. Dicimos todos xuntos as palabras máxicas e.... LISTA!!

Quen quere probala??
4ª visita Malauva on PhotoPeach

Temos mascotas novas! 24/04/2017

Temos mascotas novas na escola de Vinseira!

Benvidos vermes de seda!
Benvido, Cristoph o grilo!
Estamos desexando ver como medrades!
Por certo: NON ESQUEZADES traer follas de moreira para os vermes porque comen moitísima!



Día do Libro na Choeira 21/04/2017

Feliz Día do Libro!

Para conmemorar este día, marchamos á Choeira a compartir con todo o CRA unha sesión de contacontos por parte da Ramona Dragona. Pero cun toque especial: contabamos coa presenza de Pilar, a ilustradora do conto "A pedra do Cerco" que, mentres a Dragona contaba, Pilar ilustraba as súas palabras. Fixeron unha fusión artística xenial e quedou este resultado.

Despois, fixemos variedade de talleres rotativos relacionados: un de marcapáxinas, procura do tesouro, contos con Chroma, conto viaxeiro e taller de rimas locas.

E para coller forzas, un almorzo en comunidade e un rato de patio xuntos!

Dia do Libro na Choeira on PhotoPeach

Reciclaxe co concello 19/04/2017

Por parte do Concello viñeron  á nosa escola a concienciarnos sobre os perigos do plástico na natureza e a importancia de reducir o seu uso.
E que podemos facer para non utilizar tanto plástico? Pois empregando bolsas de tea para facer a compra. Decorámolas ao noso gusto para personalizalas.

A que quedaron chulas???
Concello Reciclaxe on PhotoPeach

Benvido a Vinseira, Chispas! 07/04/2017

Os paxaros veñen comer os nosos amorodos!! Qué podemos facer??

Alguén dixo que nañgunha leira viran que teñen un espantllo para que os paxaros non veñan comer as sementes nin os froitos. E se facemos nós o noso propio espantallo?

Creámolo con material de refugallo que tiñamos na escola. A profe Tati axudou a chantalo na horta para que non caese nin marchase co vento. Despois, votamos para elixirlle un nome.

Benvido á escola de Vinseira, Chispas!! Vixía ben e espanta moito!

Benvido a Vinseira, Chispas! on PhotoPeach

Proxecto SON EU! Puzzle 07/04/2017

Outra das experiencias so proxecto SON EU! foi a creación duns puzzles onde nós somos os protagonistas. Cadaquén posou como quixo e saímos bastante guapos/as! Primeiro cadaquén fixo o seu puzzle, e despois facíamos o dos compañeiros/as. Así aprendemos a coñecernos mellos e a coñecer tamén ao demais.

Este foi o resultado:
 Proxecto SON EU! Puzzles do eu on PhotoPeach

SON EU! A maqueta do eu 31/03/2017

Outra das experiencias dentro do proxecto SON EU! foi a realización dunha maqueta con plastilina de modelaxe, representando as 3 preguntas que fixemos sobre nós mesmos/as:
- Así son eu
- A miña comida favorita
- O que máis me gusta facer no mundo é...
E este foi o resultado:

Proxecto SON EU! A maqueta do eu on PhotoPeach

Plantamos amorodos 28/03/0217

Comeza a primavera!

Imos aproveitar esta época do ano para aprender a respectar a natureza. Na nosa horta plantamos varias plantas que, cando medren, darán amorodos silvestres. Son moito máis pequenas, pero moito máis sabrosas. O noso truco? regalas todos os días con moito, moito cariño!

Plantamos amorodos on PhotoPeach

lunes, 27 de marzo de 2017

Visita av@s: Vicky, a avoa de Laura 23/03/2017

Hoxe vistounos Vicky, a avoa de Laura. Vicky é enfermeira nun centro de saúde. Trouxo un montón de material co que traballa: depresores, guantes, mascarillas, xeringas, etc. Primeiro explicounos cómo se utilizaban e despois, Xoana ofreceouse voluntaria para auscultala e mirarlle a gorxa. Mola moito cómo se escoita o corazón polo fonendoscopio!
Tamén díxonos uns consellos para cando nos toque ir a vacinarnos: unha culler de zume de laranxa rico, pechar os ollos forte e apretar unha orella, e listo! Nin te enteras! Despois un guante cheo de xeo no brazo, e listo!
Regalounos un kit con material médico para xogas nas nosas casas. Qué chulo!

Moitas grazas pola visita, Vicky!
Visita de Vicky, avoa de Laura  on PhotoPeach

Plantamos castiñeiros de indias 21/03/2017

O concello trouxo 2 árbores para plantalas nos terreos do cole. O xardiñeiro díxonos que eran castiñeiros de indias. Buscámonos no Google para saber cómo van ser cando medren. Van ter unhas castañas un pouco diferentes: parécense ás que comemos, pero son máis redondiñas. Chámanse "castañas de envidia" e din que se as gardas, traen sorte!

Plantamos árbores on PhotoPeach

Visita de Maruja, avoa de Xoel 21/03/2016

Hoxe veunos visitar Maruja, a avoa de Xoel. Maruja é unha artista! fai manualidades con material de refugallo e trouxo para ensinar. Tamén trouxo obxectos antigos que utilizaba cando era máis nova. Algúns parécense aos que temos na casa, pero doutros non tiñamos nin idea!
Despois nos fixo unha manualidade en directo para explicarnos cómo traballaba e con qué ferramentas.

Grazas pola visita,Maruja!
Visita de Maruja, avoa de Xoel on PhotoPeach

3ª visita de Malauva 16/03/2017

Voltou Malauva á nosa escola!
Esta vez chegou voando en globos!pero volveu chegar verde do esforzo....
Na carta anterior, as personaxes de Illa Fantasía queren vir a visitarnos ás nosas escolas e estaban buscando sitio para quedarse no concello:
- Necesitábamos un sitio con auga para as sereas e os piratas. Onde se nos ocorriu? Pois nas piscinas da casa de Andrés e de Lola e Carmela.
- Un sitio con bosque para os duendes. Onde? Pois no Xalo.
- E un sitio para as princesas e príncipes? Pois na Torre de Celas.
Onde se non?

Pois Malauva tróuxonos estes globos para avisar ás personaxes de que xa podían vir a visitarnos cando queiran! Pero dentro dalgúns globos viñan unhas letras e atados cuns papeles.  Eran diferentes medios de transporte que as personaxes poden utilizar para viaxar e que tiñamos que construír con esas letras.

Grazas pola visita, Malauva! Até pronto!
3ª visita Malauva on PhotoPeach

martes, 21 de marzo de 2017

Concerto Arcos Iris 14/03/2017

O martes 14 fomos ao Palacio da Ópera da Coruña a ver o concerto do sexteto de corda chamado "Arcos Iris". A profe Mabel explicounos antes de ir cómo se chamaban os diferentes instrumentos de corda cos que ían tocar: viola, violín, violoncello e contrabaixo. Ademais alegrámonos de ver de novo a Ally, unha membro do grupo Arcos Iris que é a mamá dos nosos antigos compañeiros Alec e Elia.

Tocaban diferentes melodía e tiñamos que adiviñar qué sentimento transmitía cada unha delas: ledicia, tristeza, medo, sono ou enfado.

Foros super divertidos e nós pasámolo xenial!

Concerto Arcos Iris no Palacio da Ópera on PhotoPeach

Cumple de Xiana 13/03/2017

Hoxe celebramos o cumple doutra das nosas maiores: Xiana! Ela tamén cumple 6 anos e xa é a segunda maior de toda a escola!
FELICIDADES COMPAÑEIRA!


Cumple de Dany 10/03/2017

Hoxe celebramos o cumple do noso compañeiro Dany! Cumple 6 anos e é o maior de toda a escola!
FELICIDADES COMPAÑEIRO!


Experimentos co profe Iván: os ovos de serpe

Que traería desta volta o profe Iván na súa caixa de experimentos??

Pois nada máis nin nada menos que uns ovos dos que ían saír unhas serpes negras! PERO DE MENTIRA, EHH!

Primeiro tivemos que ver un titorial en Youtube para aprender os pasos. Despois, facer a mistura cos ingredientes. Como tiñamos que usar lume, para que non fose perigoso, saímos para fóra e.... SIIIII, DO NOSO OVO SAÍU UNHA SERPE PEQUERRECHIÑA! Puxémoslle nome e agora a temos na clase de mascota :)

A que mola?
Experimentos co profe Iván: a serpe negra on PhotoPeach

Excursión á Torre de Celas o Día da Muller 08/03/2017

O Día da Muller fomos convidados pola Asociación De Mulleres do Rural de Culleredo "As Berenguelas" á Torre de Celas para compartir con elas este día tan sinalado. A profe Alba presentou o seu proxecto de Son Eu! co que gañamos o premio da Fundación Barrié, escoitamos unha poesía escrita por unha poetisa de 91 anos e despois participamos nos talleres que tiñan preparadas diferentes mulleres que traballaban en distintas profesións:
- No taller da muller investigadora, descubrimos as bacterias que temos dentro da nosa boca ou na cara.
- No taller da muller artesá, ensinounos cómo facer zocas.
- No taller da muller costureira, regaláronnos unha bolsiña feita coa mesma tea coa que fan as fundas para gardar as pandeiretas.
-No taller da muller gandeira, trouxo un porquiño!

Pasámolo guai!
Talleres coas Berenguelas na Torre de Celas no Día da Muller on PhotoPeach

Visita AV@S: Marisol, a avoa de Xiana 07/03/2017

Outra avoa aceptou a nosa invitación e foi a visitarnos á escola!
Marisol, a avoa de Xiana, é unha artista artesá. Traballa con Goma-Eva e fai creacións xeniais.
Trouxo as ferramentas que ela utiliza para traballala e darlle forma, e nos fixo en directo unha demostración construíndo un lapicero personalizado. A que quedou guai?

MOITAS GRAZAS POLA VISITA, MARISOL!

Visita de Marisol (avoa de Xiana) on PhotoPeach


lunes, 6 de marzo de 2017

Proxecto SON EU! Febreiro 2017

Sabedes que somos GAÑADORES DO "PREMIO CONCEPCIÓN ARENAL 2016: PROXECTOS EDUCATIVOS POLA IGUALDADE DE XÉNERO" co noso proxecto "SON EU!" ?

Durante este mes, traballamos as diferentes actividades programadas dentro deste proxecto: este ollo é dunha nena ou dun neno? e esta nariz? e esta boca? cómo o sabes? por qué o sabes? e ti qué opinas? e ti qué pensas? Vestimos a un manequín con roupa ¿de home? ¿de muller? ¿ou para todo a quen lle guste?

Aquí o resultado. Esperemos que vos guste!

Proxecto SON EU! on PhotoPeach

Cumple de Xoán 03/03/2017

Hoce celebramos o cumple de Xoán no cole. Xa cumplira o día 1, pero como estabamos de vacacións de Entroido, quixo agardar un par de días máis para poder celebralo con nós.
Xa son 5 anos! FELICIDADES COMPAÑEIRO!


viernes, 3 de marzo de 2017

Entroido choqueiro 24/02/2017

XA CHEGARON OS CHOQUEIROS AO CRA DE CULLEREDO!!

Así de guapos estabamos cos nosos disfraces de choqueiros. Marchamos en autobús ao pavillón de Almeiras. Alí tiñamos 5 xogos populares para xogas: o paracaídas, o bingo, un circuito, o xogo do pano e o de adiviñar.

Cando chegaron as familias, bailamos a canción que nos ensinou a profe Mabel dos choqueiros e despois...a encher o bandullo cos postres de Entroido que trouxeron as nosas familias!

Moitas grazas a tod@s!

Entroido Choqueiro 2017 on PhotoPeach