martes, 21 de marzo de 2017

Excursión á Torre de Celas o Día da Muller 08/03/2017

O Día da Muller fomos convidados pola Asociación De Mulleres do Rural de Culleredo "As Berenguelas" á Torre de Celas para compartir con elas este día tan sinalado. A profe Alba presentou o seu proxecto de Son Eu! co que gañamos o premio da Fundación Barrié, escoitamos unha poesía escrita por unha poetisa de 91 anos e despois participamos nos talleres que tiñan preparadas diferentes mulleres que traballaban en distintas profesións:
- No taller da muller investigadora, descubrimos as bacterias que temos dentro da nosa boca ou na cara.
- No taller da muller artesá, ensinounos cómo facer zocas.
- No taller da muller costureira, regaláronnos unha bolsiña feita coa mesma tea coa que fan as fundas para gardar as pandeiretas.
-No taller da muller gandeira, trouxo un porquiño!

Pasámolo guai!
Talleres coas Berenguelas na Torre de Celas no Día da Muller on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario