viernes, 27 de mayo de 2016

ROMARÍA LETRAS GALEGAS

O DÍA 20 DE MAIO CELEBRAMOS NA TORRE DE CELAS A ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS. PRIMEIRO FIXEMOS OS XOGOS QUE NOS PREPARARON OS PROFES, LOGO CANTAMOS O MAIO TODOS XUNTOS E, SEGUIDAMENTE, DEMOSTRÁMOSLLE AS NOSAS FAMILIAS O QUE PREPARAMOS COA PROFE MABEL. SAIUNOS XENIAL!!!. Á TARDE COMEMOS TODOS XUNTOS E LOGO TOCOULLES ÁS NOSAS FAMILIAS XOGAR!. PASÁMOLO MOI BEN E PARA O ANO QUEREMOS REPETIR!!!.

LETRAS GALEGAS 2016

Como este ano se lle adicaron as Letras Galegas a Manuel María...estivemos traballando sobre el e fíxemolo con algúns dos poemas do seu libro: "Os soños na gaiola". Velaí o noso traballo...

miércoles, 4 de mayo de 2016

EMOCIONÓMETRO

Dende esta semana, temos unha nova rutina na nosa aula!!!! . A Avioneta Pepa deixounos este emocionómetro onde cada un ten unha pinza co seu nome que debe colocar na emoción que elixa, dependendo de como se sinta!!!. Logo, entre tod@s, falamos de como nos sentimos e por que nos puxemos nesa emoción!.