domingo, 11 de junio de 2017

Excursión de fin de curso ao muíño do Pedroso (Narón) 09-09-2017

Marchamos de excursión de fin de curso!
Fomos visitar o muiño de Pedroso, en Narón.
Fixemos 3 talleres: un de elaboración de pan, outro de mermelada de kiwi e outro de pegadas de animais con barro. Visitamos o muíño onde moían as fariñas para o pan. Explicáronnos o sistema de troco que facían antigamente os veciños intercambiando cousas.
Despois, xantamos e xogamos un ratiño até que foi hora de marchar.
Viñamos tan cansos que algúns quedamos durmidos polo camiño!

Excursión de fin de curso ao Muíño do Pedroso (Narón) on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario