martes, 31 de enero de 2017

Visita de Maruxa e Pepiño (ContiCRA do Día da Paz)

Volveron Maruxa e mais Pepiño! Viñeron de visita á escola a traernos un conto novo titulado "Maruxa" e mais uns ingredientes para preparar no forno máxico:
- Auga
- Sal
- Fermento
- Fariña
Misturamos todo, metemos no forno, pronunciamos as palabras maxicas e.... MAXIA!! A mistura convertiuse en boliños de pan!! Tamén nos deixaron un bote de Nocilla para botarlle aos bolos e comelos na hora da merenda. Estaban riquíiiiiiiiiiiiiisimos!!

Moitas grazas Maruxa e Pepiño! Encántanos as vosas visitas. Volvede pronto!!

ContiCRA Día da Paz on PhotoPeach

domingo, 22 de enero de 2017

Visita á DOMUS (A Coruña)

O mércores 18 fomos de excursión á DOMUS da Coruña, tamén coñecida como "A casa do home".

Pero a DOMUS non é un museo calquera, non.... NEL PÓDESE TOCA TODO, TODO E TODO! Os diferentes módulos permitían coñecer diferentes dimensións dos seres humanos: o poder do cerebro, a capacidade de concentración, os sentidos, o embarazo e o nacemento, as nosos antepasados, os órganos que nos poñen a funcionar, etc.

Pasámolo guai probando de todo. Xa nos coñecemos un pouquiño mellor do que nos coñeciamos....

Visita á Domus (A Coruña) on PhotoPeach

Carteo con outros coles de Illa Fantasía

Xa estamos de volta!

Pero...QUÉ ATOPAMOS NA CLASE?? Un mapa de Illa Fantasía!! Grazas a el, podemos saber de qué parte de Illa Fantasía nos veñen as cartas que nos chegan.

Ademais, comezamos a ter resposta dos coles aos que lle mandamos a carta onde explicabamos quen somos nós, como é o noso cole e cal é a nosa mascota da Biblioteca. Chegaron cartas de Sada, Betanzos, Vilaboa...

Encantados/as de coñecervos, novos amig@s!
Carteo inter-centros (proxecto Illa Fantasía) on PhotoPeach

Festival de Nadal na Choeira

Uns dias aantes de rematar, fomos celebrar o Nadal á Choeira con todos os nenos e nenas do CRA.

Actuamos para eles interpretando a nosa panxoliña de Nadal titulada "Volver a casa por Nadal" do Xabarín Club. Tamén entre tod@s cantamos 2 christmas carrols en Inglés que nos ensinou a teacher Sandra e unha Xaneira que nos ensinou Mabel con acompañamento instrumental de rascadoiros que fixemos con material de refugallo. Tamen vimos o ContiCra feit con títeres do conto "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis".

Pero sobre todo, o que máis agardábamos era a visita do carteiro real! Entregámoslle as nosas cartas cos nosos pedidos e sacamos unha foto con el! 

Nenos e nenas, LEMBRADE! Portádevos ben, sede moi bos... que xa está aquí o Nadal!
Festival de Nadal na Choeira on PhotoPeach


Bo Nadal!

Chega o Nadal!
Rematamos o primeiro trimestre, pechamos unha etapa e chegan as vacacións! Agora toca descansar para volver coa pilas ven cargadas.

Aquí vos deixamos unha mostra do que fixemos estes últimos días para darlle a benvida ao Nadal.

Esperamos que vos guste!
No Nadal on PhotoPeach