martes, 21 de marzo de 2017

Experimentos co profe Iván: os ovos de serpe

Que traería desta volta o profe Iván na súa caixa de experimentos??

Pois nada máis nin nada menos que uns ovos dos que ían saír unhas serpes negras! PERO DE MENTIRA, EHH!

Primeiro tivemos que ver un titorial en Youtube para aprender os pasos. Despois, facer a mistura cos ingredientes. Como tiñamos que usar lume, para que non fose perigoso, saímos para fóra e.... SIIIII, DO NOSO OVO SAÍU UNHA SERPE PEQUERRECHIÑA! Puxémoslle nome e agora a temos na clase de mascota :)

A que mola?
Experimentos co profe Iván: a serpe negra on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario