viernes, 7 de junio de 2024

BOLBORETAS E DEMAIS...

 ESTAS  DERRADEIRAS SEMANAS ESTÁN A SER MOI INTENSAS.

 POR FIN TIVEMOS BÓ TEMPO PARA REMATAR ALGUNHAS ACTIVIDADES PENDENTES  COMO A PLANTACIÓN DE FLORES E  DA MOREIRA QUE NOS REGALOU A FAMILIA DE GAEL, A CANALIZACIÓN DA AUGA COA PROFE TATI , O CIRCUITO DE MOVEMENTO E SAÚDE NO PATIO, ETC.

HOUBO DÚAS SAÍDAS. NA PRIMEIRA PARTICIPAMOS TODOS VISITANDO  A FUNDACIÓN LUIS SEOANE, E NA SEGUNDA , SÓ O ALUMNADO QUE SE ESCOLARIZARÁ  NO CEIP DE TARRIO O VINDEIRO CURSO . FOI UNHA BONITA XORNADA DE ACOLLIDA ORGANIZADA POLO COLEXIO DE TARRIO DA QUE AS NENAS E NENOS VIÑERON FELICES, MOITAS GRAZAS TARRIO!!

ADEMAIS, ESTANDO NA 9º SEMANA DENDE O SEU NACEMENTO, POR FIN AS EIRUGAS DE SEDA SAÍRON DO CASULO METAMORFOSEADAS EN BOLBORETA. PUIDEMOS OBSERVAR COMO OS MACHOS FAN O RECLAMO  ALETEANDO  , COMO SE APAREAN COAS FEMIAS E INCLUSO  , TODO EN DOUS DÍAS, OS PRIMEIROS OVOS. O CICLO DE VIDA ESTÁ CHEGANDO AO SEU FIN.

                          A TÁCTICA DO COLIBRÍ: FUNDACIÓN LUIS SEOANE


                       ACTIVIDADES DOS DERRADEIROS DÍAS EN VINSEIRA 


                XORNADA DE ACOLLIDA DO CEIP  PLURILINGÜE DE TARRIO





sábado, 1 de junio de 2024

POR FIN... A ROMARÍA!!

 AO FIN , POIDEMOS CELEBRAR A NOSA ROMARÍA , UNHA XORNADA FESTIVA CHEA DE ILUSIÓN, ACTIVIDADES E SORPRESAS NA QUE  ESCOLA E  FAMILIA  DISFRUTAMOS DUN ESTUPENDO DÍA XUNTOS NO PARQUE DE CELAS .

ADEMAIS CELEBRAMOS O FIN DO PROXECTO  SEMENTANDO SAÚDE CUNHA CARREIRA DE ORIENTACIÓN NA QUE CONTAMOS COA COLABORACIÓN DO ALUMNADO E PROFESORADO DO IES DE SABÓN. 


PERO AQUÍ NON REMATA A COUSA, PORQUE ESTA SEMANA TAMÉN FOMOS Á CIDADE DA CULTURA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA RECIBIR O 1º PREMIO DO CONCURSO CANTANDO COAS MANS , ORGANIZADO POLA FAXPG. 

A SORPRESA FOI QUE DURANTE A   ACTUACIÓN  ACOMPAÑOUNOS UXÍA, INTÉRPRETE XUNTO CO GRUPO MARÍA FUMAçA  DA CANCIÓN  "FUN AO MERCADO"... NON PARAMOS!!











sábado, 25 de mayo de 2024

PROGRAMA FOGGA

A TRAVÉS DO PROGRAMA FOGGA ( FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA) RECIBIMOS A SEGUNDA REMESA DE FROITAS E LEITE NA ESCOLA. DESTA VOLTA A ACOLLIDA DO ALUMNADO FOI DO MELLOR, TANTO QUE TIÑAN ELIXIDO O TEMA DO ARTIGO PERIODÍSTICO PARA PEQUENOVAS " A MOUCHA VEU A VINSEIRA" E DECIDIRON CAMBIALO POR " UN MOZO TROUXO UNHA CAIXA DE FROITA". APROVEITAMOS O ENTUSIASMO PARA APLICAR OS NOSOS COÑECEMENTOS MATEMÁTICOS E DE LECTOESCRITURA. 

DECIDIMOS FACER UN CIRCUITO ACTIVO NA AULA ANTE A PERSISTENCIA DO MAL TEMPO PARA FACELO FÓRA. HOUBO QUE MONTAR AS MARIOLAS, REDISTRIBUIR OS ESPAZOS E,  POR SUPOSTO, RECORRELAS SALTANDO ATA PEDIR PAPAS.

O VENRES POR FIN POIDEMOS DISFRUTAR DUNHA BONITA XORNADA PRIMAVERAL MERENDANDO NO CAMPO.





jueves, 16 de mayo de 2024

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 ESTA SEMANA FOI MOI EMOCIONANTE ...  PASARON TANTAS COUSAS EN VINSEIRA: 

 AS EIRUGAS DE SEDA EMPEZARON A FACER OS CASULOS, A MOUCHA DO XALO COMUNICOUSE CON NÓS ( ESCRIBÍMOSLLE CARTAS E CONTESTOUNOS, DEIXÁMOSLLE AGASALLOS E CAMBIOUNOLOS POR  PEQUENOS TESOUROS) , CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS E SOUBEMOS QUEN ERA  LUISA VILLALTA, TIVEMOS CABEZOLOS NA ESCOLA (AGORA XA ESTÁN DE NOVO NA SÚA POZA)... E POR RIBA , HOUBO QUE SUSPENDER A ROMARÍA POR MOR DA CHOIVA... TOTAL, UNHA SEMANIÑA CURTA PERO CHEA DE SORPRESAS !!


CON ESTE  GENIALLY INTERACTIVO FEITO POLO NOSO EDLG , ENTENDEMOS O QUE REPRESENTA CADA OBXECTO DO TARRO DAS LETRAS GALEGAS 2024 E A RELACIÓN QUE TEÑEN    COA AUTORA HOMENAXEADA ESTE ANO.

 XOGADE CON NÓS CLICANDO NA IMAXE  DE LUISA VILLATA

                                                           👇👇👇👇👇






sábado, 11 de mayo de 2024

CIRCUITO DE MOVEMENTO E SAÚDE

 FACER EXERCICIO É FUNDAMENTAL PARA TER BOA SAÚDE. LEVAMOS UN TEMPO PENSANDO O DISEÑO DUN CIRCUITO  DE MOVEMENTO  PARA O  PATIO  E , ADEMAIS, FABRICAMOS O  XIZ EN CLASE PARA PODER PINTALO.

O CONTO QUEDOU ASÍ:  SAÍMOS EN COCHE CARA Á PRAIA ... OLLO COAS CURVAS!   , CHEGAMOS! A AREA... QUEIMA, SALTAMOS AS ONDAS DO MAR, COLLEMOS CUNCHAS, PISAMOS POMPAS, CHEGA A TORMENTA E CORREMOS VELOCES COMA SONIC, SALTAMOS A MARIOLA E REMATAMOS DANDO VOLTAS NO XIRASOL... FÁLTANOS O ÚLTIMO TRAMO... PERO XA SABEMOS COMO VAI SER.

A MOUCHA CONTESTOU Á NOSA CARTA, FIXÉMOSLLE UN AGASALLO  DOS QUE LLE GUSTAN A ELA , COUSAS DA NATUREZA E PAPEL BRILLANTE, E...  E ELA DEIXOUNOS PEDRAS PRECIOSAS!


O MARTES FOMOS Á FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN PARA COLABORAR NUNHA INSTALACIÓN SONORA PREPARADA POLO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL. ÁS NENAS E NENOS  GUSTOULLE MOITO PARTICIPAR , EXPERIMENTAR E EXPLORAR TODAS AS POSIBILIDADES DE ACCIÓN DA INSTALACIÓN , QUE NON ERAN POUCAS.



viernes, 3 de mayo de 2024

MAIO TRAE SORPRESAS

ESTA SEMANA RECIBIMOS UNHA CARTA DA MOUCHA DO MONTE XALO... CANTAS PREGUNTAS SE NOS PASARON POLA CABEZA : NAS OUTRAS ESCOLAS TAMÉN TERÁN UNHA CARTA  COMA ESTA?  ESTANOS MIRANDO? TEN FAMILIA? TRAERÁ CHOCOLATE? DEIXARANOS VER A SÚA ROUPA COMO O ANO PASADO? FOI ELA QUEN TROUXO O MAIO? ... AS NENAS DECIDIRON ESCRIBIRLLE UNHA CARTA DE VOLTA CON ESTAS PREGUNTAS. 

SEGUIMOS COAS NOSAS PROPOSTAS E MATERIAIS DE AULA, E TAMÉN  FIXEMOS XIZ PARA UNHA ACTIVIDADE QUE LEVAREMOS A CABO CANDO VOLTE O BO TEMPO, MENTRES IMOS PREPARÁNDONOS.



viernes, 26 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO E MÁIS

 O 23 DE ABRIL CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO NO CRA COA PROXECCIÓN DOS BOOK TRAILERS QUE GRAVAMOS NAS AULAS, PODEDES VELOS NO BLOG DA PEPATECA OU DIRECTAMENTE...              👉👉CLICANDO AQUÍ👈👈

 PARA DITA CELEBRACIÓN CONTAMOS CUNHA CONVIDADA  MOI ESPECIAL QUE ENCHEU A NOSA ESCOLA DE PURA FANTASÍA TRAÉNDONOS UNHA  "PEQUENA" MOSTRA DA SÚA COLECCIÓN DE LIBROS POP UP, AUTÉNTICAS OBRAS DE ENXENIERÍA. NÓS TAMÉN FIXEMOS UNHA CREACIÓN POP UP EN CLASE, A PEQUENA ESCALA.

SEGUIMOS USANDO AS REGLETAS PARA DESENVOLVER O PENSAMENTO LÓXICO MATEMÁTICO CON SIMETRÍAS E MEDICIÓNS.

IVÁN CONTOUNOS QUE BREOGÁN XA ESTÁ EN ALEMANIA DENDE ONDE NOS ENVIOU UN AGASALLO RICO RICO.



domingo, 21 de abril de 2024

EN ABRIL... COUSIÑAS MIL

 SEGUIMOS DESENVOLVENDO PROPOSTAS E ACTIVIDADES QUE FOMENTAN A  MOTIVACIÓN,  CREATIVIDADE,  PENSAMENTO LÓXICO MATEMÁTICO, EXPERIMENTACIÓN, ACHEGAMENTO Á LECTOESCRITURA, AUTONOMÍA... NESTE VÍDEO TEDES UN RESUMO DO FEITO EN CLASE NESTAS DÚAS ÚLTIMAS SEMANAS, INCLUÍDA A VISITA DA DRAGONA RAMONA , SUBVENCIONADA POLO CONCELLO DE CULLEREDO .



ADEMAIS , A PROFE TATI OFRECEUNOS UN OBRADOIRO CON PROPOSTAS LÚDICAS E  EXPERIMENTAIS  SOBRE A AUGA   QUE PUIDEMOS DESENVOLVER NO EXTERIOR E QUE RESULTOU MOI DIVERTIDO.


 O VENRES 19 VIAXAMOS Á CORUÑA PARA ASISTIR Á OBRA DE TEATRO PINGÜIN  (AUDITORIO  AFUNDACIÓN)  DA COMPAÑÍA PERIFERIA TEATRO, UNHA REPRESENTACIÓN EXCELENTE EN TODOS OS SENTIDOS QUE MARABILLOU A GRANDES E PEQUENOS.