lunes, 27 de marzo de 2017

3ª visita de Malauva 16/03/2017

Voltou Malauva á nosa escola!
Esta vez chegou voando en globos!pero volveu chegar verde do esforzo....
Na carta anterior, as personaxes de Illa Fantasía queren vir a visitarnos ás nosas escolas e estaban buscando sitio para quedarse no concello:
- Necesitábamos un sitio con auga para as sereas e os piratas. Onde se nos ocorriu? Pois nas piscinas da casa de Andrés e de Lola e Carmela.
- Un sitio con bosque para os duendes. Onde? Pois no Xalo.
- E un sitio para as princesas e príncipes? Pois na Torre de Celas.
Onde se non?

Pois Malauva tróuxonos estes globos para avisar ás personaxes de que xa podían vir a visitarnos cando queiran! Pero dentro dalgúns globos viñan unhas letras e atados cuns papeles.  Eran diferentes medios de transporte que as personaxes poden utilizar para viaxar e que tiñamos que construír con esas letras.

Grazas pola visita, Malauva! Até pronto!
3ª visita Malauva on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario