miércoles, 28 de octubre de 2015

DECORAMOS CABAZAS!

Outro ano máis eleximos decorar as nosas cabazas, e como no conticra do Samaín o conto levaba por título "Tres Fantasmas", e tiñamos 3 cabazas, decidimos entre todos convertilas en fantasmas, este foi o resultado...

lunes, 26 de octubre de 2015

jueves, 22 de octubre de 2015

CHEGA O SAMAÍN!

Seguimos a traballar as simetrías.Unha das actividades que fixemos co motivo da celebración do Samaín foi facer simetrías de morcegos.Quedaron moi simpáticos!

martes, 13 de octubre de 2015

XOGAMOS NO OUTONO

Nesta sesión de asamblea pasámolo xenial, fixemos matemáticas dunha forma diferente, estivemos clasificando elementos do outono.

viernes, 9 de octubre de 2015

SIMETRÍAS CON FOLLAS DE OUTONO

Seguimos a traballar cas follas de outono que os nenos van traendo, esta vez fixemos simetrías cas follas, e gustolles moito, mentres os de 3 anos rasgaban follas para facer un collage.

jueves, 1 de octubre de 2015

miércoles, 16 de septiembre de 2015

A SELVA DE VINSEIRA!

                          Asi quedou o noso mural, divertímonos moito!

domingo, 13 de septiembre de 2015

OS NOSOS MANTEIS!

Unha das actividades que facemos os primeiros días de escola é a elaboración dos nosos manteis, este ano formamos tres equipos, e cada un deles é un animal, así que os nosos manteis así o reflexan.Quedaron moi ben!

jueves, 10 de septiembre de 2015

BENVIDOS A ESCOLA!

Un novo curso comenza...cargado de ilusión e ganas de disfrutar das maravillosas experiencias que nos ofrecen os nosos nenos e nenas. Benvidos!


viernes, 27 de febrero de 2015

EL LAGO DE LOS CISNES

Que sorte tivemos de poder ir o Palacio da Opera a ver "El Lago de los Cisnes" e así poder disfrutar deste maravilloso espectáculo!!!!Ademais poidemos escoitar en vivo a "Orquesta Sinfónica de Galicia" na que son músicos o Papá(Jose) e a Mamá(Ali) de Eliamay e Alec, os nosos compañeiros de escola.Ah! sen olvidar a Manuel!.

domingo, 15 de febrero de 2015

CHEGOU O ENTROIDO!

Chegou o Entroido Medieval! Damas e Cabaleiros disfrutaron dunha xornada divertidísima chea de xogos e bailes!!!

lunes, 9 de febrero de 2015

A VISITA DE MANUEL

Hoxe tivemos unha visita moi especial!O papá e a mamá dunha compañeira da Escola da Choeira, Manuel e Masako. Manuel é músico da Orquesta Sinfónica de Galicia, e nos presentou un instrumento que non coñecíamos... a Trompa. Manuel contounos unha historia fermosa de como apareceu e a súa evolución.
Foi moi interesante e aprendimos moitas cousas novas. Moitas Gracias!

martes, 3 de febrero de 2015

O NOSO LIBRO DA PAZ

Así quedaron os nosos libriños da Paz!Fermosos!e máis fermoso o poema de Gloria Fuertes titulado "Solo Tres Letras", que aprendimos e que quedou reflexado nas páxinas deste libro. on PhotoPeach

lunes, 2 de febrero de 2015

viernes, 23 de enero de 2015

CASA DAS CIENCIAS

Visitamos un dos museos científicos que hay na nosa cidade, a CASA DAS CIENCIAS,  o pasamos moi ben e aprendimos moitas cousas, o que máis nos gustou foi o planetario onde puidemos contemplar o ceo acompañados dun conto titulado "FUGAZ".