jueves, 27 de octubre de 2016

Preparativos de Samaín-Halloween

Samaín xa case está aquí!

Esta semana estivemos mooooi atarefados elaborando os preparativos para a festa de Samaín deste venres.
Que qué fixemos? pois experimentamos coa luz e a escuridade calcando siluetas terroríficas nas ventás, creamos ao monstruo que garda a nosa porta do cole, limos e ilustramos as historias de medo que escribiron as nosas familias, elaboramos o photocall que usaremos de fondo para sacar as fotos o día da festa, tallamos e decoramos as cabazas e fixemos adornos para a decoración da aula. Somos uns currantes!!
Aquí vos deixamos un resumo do resultado:

E non marchedes moi lonxe do blogue porque nun par de días... colgaremos as fotos da festa de Samaín!!

viernes, 21 de octubre de 2016

Votacións para o SELFIE dos contos preferido

OLA DE NOVO A TODO@S!

Onte co profe Iván fixemos as votacións para elexir o SELFIE que máis nos gusta sobre os nosos contos favoritos.
Tiñamos de todo: papeletas, pegatinas para votar e até unha urna!  Primeiro vimos as fotos no ordenador e despois na papeleta puxémoslle unha pegatina na foto que máis nos gustaba.
Fixemos o reconto e.... GAÑOU A FOTO DE VICTORIA! A SÚA É A NOSA FOTO FAVORITA DE VINSEIRA!
Desexámoslle toda a sorte do mundo para a ronda de votacións finais entre as favoritas das outras 4 escolas, que se fará o luns 24.
MOITA SORTE, COMPAÑEIRA!

domingo, 9 de octubre de 2016

Cumple de Victoria (4 ANOS)

A nosa compi Victoria estivo de aniversario 1 día antes de comezar o cole, e como quería celebralo cos seus compañeiros/as do cole trouxo unha sabrosa tarta caseira. Nós cantámoslle o cumpleanos feliz en todos os idiomas que sabiamos, fixémoslle un debuxo de recordo e ela levou a súa coroa de 4 anos!
MOITAS FELICIDADES VICTORIA! E que cumpras moitos máis :)

Os nosos primeiros días de cole :)

Ola a tod@s!
Aquí vos deixamos unha mostra do que fixemos os primeiros días do cole. Coñecimos as cousas novas da clase, xogamos no areeiro, fixemos carreras, bailamos, aprendimos, xogamos, rimos, choramos... Pero sobre todo, compartimos o noso tempo cos vellos e novos amig@s.
 Somos unha piña!


miércoles, 5 de octubre de 2016

OS NOVOS AMIG@S


Aquí vos presentamos aos novos amig@s que se incorporan este ano á escola de Vinseira! Son Carmela, Andrés e Sarai.

 BENVID@S COMPAÑEIR@S!

CARMELA
ANDRÉS
SARAI