martes, 30 de mayo de 2017

Inauguración do MUCRA 29/05/2017

Onte fomos inaugurar o noso MUCRA!
Hai unha chea de cousas antigas! e están divididas en 5 seccións:
- Útiles da casa
- Cousas da vida
- Cousas da escola
- Ferramentas
- Tecnoloxía
Podedes atopar todas as que trouxemos desde Vinseira?
Despois, Maruxa e Pepiño despídense desexando un bo verán regalando a cada escola un útil de cociña para o proxecto do curso que vén. GRAZAS POR TODO, MARUXA E PEPIÑO!

LEMBRADE QUE PODEDES VISITAR O MUSEO DESDE O MARTES 30 AO VENRES 2 EN VILLA MELANIA (VILABOA) EN HORARIO DE 17 A 20 H.
E non esquezades descargar nos vosos móbiles ou tablets un "LECTOR DE CÓDIGOS QR" para desfrutar dunha experienca completa do MUCRA!

Inauguración do MUCRA on PhotoPeach

miércoles, 24 de mayo de 2017

Preparativos Illa Fantasía

Xa estamos cos preparativos para a viaxe a Illa Fantasía!

Coa axuda do prove Ivan, aquí estamos decorando o noso anaco de cuarterón para facer o globo aerostático.
XA FALTA MOI POUCO!


Última visita de Malauva 24/05/2017

Hoxe veu de visita a Vinseira Malauva!

Viaxou desde Illa Fantasía coa súa nova escoba. Contounos un conto dunha bruxa que perdía cousas polo camiño cando voaba. Igualiño ca ela!
Axudámoslle a encontrar as súas cousas perdidas e, para decorar a súa casa, pediunos se lle faciamos un retrato dela nunha guirnalda.
Como despedida, cantámoslle e bailámoslle o Kumananá.
Moitas grazas pola visita, Malauva! Vémonos prontiño en Illa Fantasía!

Última visita de Malauva on PhotoPeach

MUCRA 2017. Peza 515: "Pesa"

lunes, 22 de mayo de 2017

MUCRA 2017. Peza 511: "Máquina de escribir"

MUCRA 2017. Peza 510: "Muíño de gran"

MUCRA 2017. Peza 509: "Pizarrillos"

MUCRA 2017. Peza 508: "leiteira"

MUCRA 2017. Peza 507: "Fervedor"

MUCRA 2017. Peza 506: "Radiocassette"

MUCRA 2017. Peza 505 "Ola de 16 litros"

domingo, 21 de mayo de 2017

Romaría as Letras Galegas na Torre de Celas 19/05/2017

Hoxe celebramos a célebre romaría na Torre de Celas en compañías das nosas familias!

Antes da súa chegada, xogamos a 5 xogos tradicionais cos profes: os zancos, as chapas, a goma, a pita cega e decorar o maio.
Despois tocou o turno das nosas actuacións: primeiro por escolas, e despois en grupo con 2 invitados especiais: Bea a de Estrella e Gonzalo.
Coñecimos en persoa á famosa xogadora de rugby, Elena Roca. Aprendeunos moitos dos entrenos que fan eles mesmos e foi xenial.
Despois, tocaba repoñer forzas xantando en familia. E, de postre, uns poucos xogos para que participen os adultos! Carreiras de sacos, a corda, o pañuelo...

Moitísimas grazas pola vosa participación, familias! De non ser por vós, nada disto podería ser posíbel!

Romaría das Letras Galegas on PhotoPeach

Cumple de Xoel 18/05/2017

Hoxe, un dos nosos maiores está de 6ª aniversario: Xoel
PARABÉNS COMPAÑEIRO! E QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS!

miércoles, 17 de mayo de 2017

MUCRA: A ola de 16 litros de Taylor 12/05/2017


MUCRA: Os zocos de Victoria 08/05/2017

MUCRA: A radio antiga de Xoel 05/05/2017

MUCRA: As ferramentas de Zoqueiro de Andrés 03/05/2017

MUCRA: O candil de Xoán 28/04/2017

Estes son os preparativos que estamos a facer para a creación do noso Museo do CRA (o MUCRA). Cada un trae un obxecto antiguo e, coa información recopilada coa axuda da súa familia, explícanos entre outras cousas: o seu nome, a súa antigüidade, o seu uso, para qué serve, etc.




Cumple de Laura 09/05/2017

Hoxe outra das nosas medianas celebra o seo 5º cumple con nós. Ela é Laura

PARABÉNS COMPAÑEIRA! E QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS!


Cumple de Aurora 02/05/2017

Hoxe celebramos o 5º cumple doutra das nosas medianas: Aurora

PARABÉNS COMPAÑEIRA! E QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS!

Visita ao Xardín Botánico do Burgo 27/04/2017

Marchamos ao Burgo a visitar o Xardín Botánico.
Vimos as hortas, explicáronnos o que estaba plantado en cada unha delas. Tamén visitamos o invernadoiro, e aprendimos a plantar sementes de pemento e tomate.

Botádelle un ollo á experiencia:
Visita ás hortas do Xardín Botánico on PhotoPeach

4ª visita Malauva 26/04/2017

Outra vez apareceu Malauva de visita en Vinseira!

Viña cargadísima de cousas e agotada... Pero sacou do seu peto unha pócema máxica que lle daba moita enerxía e bebeuna. É verdade, funciona!!!! nós tamén queremos!! Cómo a fixeches, Malauva??
Primeiro tiñamos que descubrir os ingredientes co un xogo de memory. Despois, apuntalos na receita. O Búho Beto deixou na porta unha cesta chea deses ingredientes! E agora ven o divertido: preparala. Dicimos todos xuntos as palabras máxicas e.... LISTA!!

Quen quere probala??
4ª visita Malauva on PhotoPeach

Temos mascotas novas! 24/04/2017

Temos mascotas novas na escola de Vinseira!

Benvidos vermes de seda!
Benvido, Cristoph o grilo!
Estamos desexando ver como medrades!
Por certo: NON ESQUEZADES traer follas de moreira para os vermes porque comen moitísima!



Día do Libro na Choeira 21/04/2017

Feliz Día do Libro!

Para conmemorar este día, marchamos á Choeira a compartir con todo o CRA unha sesión de contacontos por parte da Ramona Dragona. Pero cun toque especial: contabamos coa presenza de Pilar, a ilustradora do conto "A pedra do Cerco" que, mentres a Dragona contaba, Pilar ilustraba as súas palabras. Fixeron unha fusión artística xenial e quedou este resultado.

Despois, fixemos variedade de talleres rotativos relacionados: un de marcapáxinas, procura do tesouro, contos con Chroma, conto viaxeiro e taller de rimas locas.

E para coller forzas, un almorzo en comunidade e un rato de patio xuntos!

Dia do Libro na Choeira on PhotoPeach

Reciclaxe co concello 19/04/2017

Por parte do Concello viñeron  á nosa escola a concienciarnos sobre os perigos do plástico na natureza e a importancia de reducir o seu uso.
E que podemos facer para non utilizar tanto plástico? Pois empregando bolsas de tea para facer a compra. Decorámolas ao noso gusto para personalizalas.

A que quedaron chulas???
Concello Reciclaxe on PhotoPeach

Benvido a Vinseira, Chispas! 07/04/2017

Os paxaros veñen comer os nosos amorodos!! Qué podemos facer??

Alguén dixo que nañgunha leira viran que teñen un espantllo para que os paxaros non veñan comer as sementes nin os froitos. E se facemos nós o noso propio espantallo?

Creámolo con material de refugallo que tiñamos na escola. A profe Tati axudou a chantalo na horta para que non caese nin marchase co vento. Despois, votamos para elixirlle un nome.

Benvido á escola de Vinseira, Chispas!! Vixía ben e espanta moito!

Benvido a Vinseira, Chispas! on PhotoPeach

Proxecto SON EU! Puzzle 07/04/2017

Outra das experiencias so proxecto SON EU! foi a creación duns puzzles onde nós somos os protagonistas. Cadaquén posou como quixo e saímos bastante guapos/as! Primeiro cadaquén fixo o seu puzzle, e despois facíamos o dos compañeiros/as. Así aprendemos a coñecernos mellos e a coñecer tamén ao demais.

Este foi o resultado:
 Proxecto SON EU! Puzzles do eu on PhotoPeach

SON EU! A maqueta do eu 31/03/2017

Outra das experiencias dentro do proxecto SON EU! foi a realización dunha maqueta con plastilina de modelaxe, representando as 3 preguntas que fixemos sobre nós mesmos/as:
- Así son eu
- A miña comida favorita
- O que máis me gusta facer no mundo é...
E este foi o resultado:

Proxecto SON EU! A maqueta do eu on PhotoPeach

Plantamos amorodos 28/03/0217

Comeza a primavera!

Imos aproveitar esta época do ano para aprender a respectar a natureza. Na nosa horta plantamos varias plantas que, cando medren, darán amorodos silvestres. Son moito máis pequenas, pero moito máis sabrosas. O noso truco? regalas todos os días con moito, moito cariño!

Plantamos amorodos on PhotoPeach