sábado, 3 de diciembre de 2016

Os experimentos do profe Iván (parte I)

Somos fans da Ciencia, e o profe Iván é o noso científico favorito! Sempre nos aprende moitas cousas novas e nos fai poñer a cabeza a funcionar cos seus experimentos.

Esta vez tocou experimentos con globos:
E posíbel mover un CD cun globo?
É posíbel recoller papeliños usando só un globo?
É posíbel facer botar un globo enriba de chinchetas?

Primeiro compartimos as nosas hipóteses, despois fixemos o experimento e comprobamos se as nosas hipóteses eran correctas e por último quitamos as conclusións e as explicacións aos nosos por qués.

Aquí unha mostra do proceso científico:


Qué novo experimento traerá o profe Iván o próximo día na súa caixa de canciños???

No hay comentarios:

Publicar un comentario