jueves, 15 de diciembre de 2016

Experimentos co profe Iván (parte II): AS DENSIDADES

O profe Iván trouxo un experimento novo para resolver!
QUÉ PASARÁ SE MISTURAMOS NUN BOTE AUGA, ACEITE E MEL?
Primeiro experimentamos cos sentidos os ingredientes a utilizar. Despois, formulamos as nosas hipóteses: hai quen dixo que se misturaban e quedaba unha cousa fea, outro que quedaba unha cousa rara pero que sabía dulce, etc. Plasmamos no papel o que pensabamos que pasaría.

Despois, fixemos as comprobacións levando a cabo o experiemento e... qué foi o que pasou?? ALAAAAA!! non se misturaban, senón que quedaban separadas unhas doutras, coma se estivesen enfadadas!

O profe Iván explicou que era debido a unha propiedade que se chama DENSIDADE: se é máis denso, vai cara abaixo; pola contra, se e menos denso, tende a ir cara arriba. Por iso a mel baixa ao fondo e o aceite mantense por riba, e nunca nunca se chegan a misturar.

CANTO APRENDEMOS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario