domingo, 22 de enero de 2017

Festival de Nadal na Choeira

Uns dias aantes de rematar, fomos celebrar o Nadal á Choeira con todos os nenos e nenas do CRA.

Actuamos para eles interpretando a nosa panxoliña de Nadal titulada "Volver a casa por Nadal" do Xabarín Club. Tamén entre tod@s cantamos 2 christmas carrols en Inglés que nos ensinou a teacher Sandra e unha Xaneira que nos ensinou Mabel con acompañamento instrumental de rascadoiros que fixemos con material de refugallo. Tamen vimos o ContiCra feit con títeres do conto "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis".

Pero sobre todo, o que máis agardábamos era a visita do carteiro real! Entregámoslle as nosas cartas cos nosos pedidos e sacamos unha foto con el! 

Nenos e nenas, LEMBRADE! Portádevos ben, sede moi bos... que xa está aquí o Nadal!
Festival de Nadal na Choeira on PhotoPeach


No hay comentarios:

Publicar un comentario