O DÍA NON ESTIVO BONITO, PERO NÓS PASÁMOLO BEN.
miércoles, 23 de junio de 2021
XORNADA DE FIN DE CURSO
martes, 22 de junio de 2021
ADIVIÑA QUEN CHE DOU ... QUE NO LOMBO TE MALLOU
APRENDEMOS UN NOVO XOGO CANTADO EN GALEGO. NESTA OCASIÓN ENSINÁRONNOLO AS NENAS E NENOS DA ESCOLA DE LEDOÑO. XOGAMOS VARIOS DÍAS, PERO GRAVÁMOLO HOXE DENTRO DA ESCOLA PORQUE FÓRA CHOVÍA.
ESTE VÍDEO ADICÁMOSLLO Á ESCOLA DE LEDOÑO.
lunes, 21 de junio de 2021
HOXE EMPEZA O VERÁN
MIRA QUE PASAMOS CALOR A SEMANA PASADA!! … ÍAMOS CONTANDO OS DÍAS QUE FALTABAN PARA A CHEGADA DO VERÁN , E POR FIN, AQUÍ ESTÁ… CHOVENDO!!
REMATANDO O PROXECTO CON 5 CORES
GÚSTANOS TANTO EXPERIMENTAR COAS CORES E COS DIFERENTES MATERIAIS , QUE REMATAMOS FACENDO MISTURAS CON COLORANTES ALIMENTARIOS E ESPUMA DE AFEITAR, ADEMAIS DE USAR AS CORES FOSFORESCENTES, QUE GRAZAS Á LUZ NEGRA ALUMAN E BRILLAN NA ESCURIDADE.
CO LIBRO O MONSTRO DE CORES, DESCUBRIMOS QUE OS ESTADOS ANÍMICOS E AS EMOCIÓNS TAMÉN ESTÁN ASOCIADAS ÁS CORES… E CON ISTO DAMOS POR REMATADO A NOSA INVESTIGACIÓN .
jueves, 17 de junio de 2021
A CASA AZUL DE FRIDA KAHLO
PARA REMATAR O PROXECTO ADICADO Á ARTISTA FRIDA KAHLO FIXEMOS UNHA VISITA VIRTUAL POLA SÚA CASA, COÑECIDA COMO A CASA AZUL, QUE HOXE EN DÍA É UN MUSEO.
👆PARA PASEAR POLO MUSEO PREMEDE NA IMAXE👆POIDEMOS PERCORRER OS FERMOSOS PATIOS E XARDÍNS, ASÍ COMO AS DEPENDENCIAS INTERIORES; DORMITORIOS, ESTUDO DE PINTURA, COCIÑA E SALAS... CHEAS DE COR E DETALLES, CON SÓ PREMER NA PANTALLA OU NAS FRECHAS.
O TESOURO DE SABELA AVENTUREIRA
POR FIN O TESOURO ATOPADO POR SABELA EN RÍO DE JANEIRO CHEGOU A VINSEIRA. NO COFRE , QUE NOS ACHEGOU IVÁN, ATOPAMOS UNHA CARTA ANTIGA FALÁNDONOS DA ORIXE DAS OLIMPIADAS ,A COMPETICIÓN DEPORTIVA MÁIS IMPORTANTE.
ESA ERA A CLAVE , O ELEMENTO COMÚN A TODOS OS PAISES VISITADOS POR SABELA NOS CINCO CONTINENTES.
ADEMÁIS , TRAIA MEDALLAS DE OURO E PEDRAS PRECIOSAS PARA TODAS E TODOS.
miércoles, 16 de junio de 2021
TAI DE HISTORIA
A TAREFA DE HISTORIA PARTE DO LIBRO MI PEQUEÑA HISTORIA DEL MUNDO
NA ESCOLA E COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS, ESTIVEMOS INVESTIGANDO O PERÍODO HISTÓRICO DA GRECIA ANTIGA E APRENDEMOS QUE OS GREGOS FORON BOS PENSADORES E INVESTIGADORES E QUE INVENTARON O SISTEMA DE VOTACIÓN POR MAIORÍA, TAN USADO POR NÓS PARA TOMAR DECISIÓNS..
DIFERENCIAS ENTRE OS OVOS AMARELOS E OS NEGROS
OS OVOS QUE PUXERON AS AVELAÍÑAS DA SEDA AO PRINCIPIO ERAN TODOS AMARELOS, PERO PASADA UNHA SEMANA MOITOS CAMBIARON DE COR E AGORA SON CASE NEGROS.
DOS OVOS NEGROS VAN NACER AS NOVAS EIRUGAS DE SEDA NA PRIMAVERA DO 2022, PERO OS OVOS AMARELOS ESTÁN OCOS E BALEIROS , DELES NON NACERÁ NADA.
POIDEMOS OBSÉRVALOS DE PERTO CUN PEQUEÑO MICROSCOPIO.
viernes, 11 de junio de 2021
CORES PIGMENTO E CORES LUZ
SEGUIMOS AFONDANDO NO ESTUDO E A EXPERIMENTACIÓN DA COR.
ESTA SEMANA PROBAMOS A DEBUXAR SOBRE FONDO NEGRO, NESTE CASO O EFECTO É MOI DIFERENTE E MOLÓN: PINTAMOS NA PIZARRA NEGRA CON ROTULADORES DE TIZA (PIGMENTO), E, USAMOS A TÉCNICA DO ESGRAFIADO PARA CONSEGUIR TRAZOS DE CORES FORMADOS CON LUZ REFLEXADA NOS CDS.
CREAMOS AS CORES DO ARCO DA VELLA MISTURANDO TINTAS ( PIGMENTOS) E AUGA, CON CATRO CORES FIXEMOS UN ESPECTRO DE SETE.
E , FINALMENTE, VIMOS AS CORES DA LUZ DESCOMPOSTA NUN PRISMA DE CRISTAL, ESTE PRISMA SERVÍUNOS TAMÉN PARA CREAR O ARCO IRIS EXPERIMENTANDO COAS LANTERNAS NA ESCURIDADE.
jueves, 10 de junio de 2021
ECLIPSE DE SOL
HOXE SOBRE AS 11 DA MAÑÁ POIDEMOS OBSERVAR UN ECLIPSE DE SOL GRAZAS AO CRISTAL DE SOLDAR QUE NOS TROUXO BRUNO PARA TAL FIN.
O PRIMEIRO QUE NOS CHAMOU A ATENCIÓN, FOI QUE NON SE VÍA NADA DE NADA, SÓ O SOL, QUE PARECÍA VERDE.
VIMOS COMO LLE FALTABA UN ANACO, COMA SE LLE DERAN UN BOCADO, PORQUE A LÚA TAPÁBAO UN POUCO.
A LUZ SOLAR É A LUZ MÁIS INTENSA, SE A MIRÁSEMOS SEN PROTECCIÓN PODERÍA DAÑARNOS OS OLLOS.
miércoles, 9 de junio de 2021
5 CAMBIOS NA NATUREZA
viernes, 4 de junio de 2021
MI PRIMER LAROUSSE DE LOS INVENTOS: ARRANCA UNHA NOVA TAREFA DE BIBLIOTECA
GRAZAS A ESTE LIBRO POIDEMOS DESCUBRIR TODOS OS INVENTOS FEITOS POLA HUMANIDADE, DESDE O PAO ATA HOXE EN DÍA.
AO FINAL FIXEMOS UN DISEÑO A PARTIR DAS MESMAS... AGORA COMPROBAREMOS SE FUNCIONA.
AVELAÍÑAS DA SEDA
PASADAS DÚAS SEMANAS AS NOSAS EIRUGAS DE SEDA SAÍRON DO CASULO TRANSFORMADAS EN AVELAÍÑAS.
O CICLO DA VIDA SEGUE , POIDEMOS VER A DANZA DO MACHO PARA ATRAER Á FEMIA E APAREARSE. O SEGUINTE QUE ACONTECEU FOI QUE A FEMIA PUXO OS OVOS DOS QUE NACERÁN NOVAS EIRUGAS NA VINDEIRA PRIMAVERA.
ARCO DA VELLA
ESTA SEMANA BUSCAMOS MATERIAIS COS QUE REFLEXAR, EXPERIMENTAR , COMPOÑER E CREAR AS CORES DO ARCO DA VELLA.
O ARCO DA VELLA FÓRMASE CANDO OS RAIOS DE SOL ATRAVESAN AS PINGAS DA CHOIVA , A LUZ BRANCA DESCOMPONSE NAS CORES QUE A FORMAN.
INVESTIGANDO DESCUBRIMOS COUSAS INTERESANTES:
- AO SER UNHA ILUSIÓN ÓPTICA NUNCA O PODEMOS ALCANZAR.
- NON TEN FORMA DE ARCO , SENÓN DE CÍRCULO, SÓ QUE NON CHEGAMOS A VELO COMPLETO. PARA VELO ENTEIRO TERIAMOS QUE VIAXAR EN AVIÓN OU HELICÓPTERO.
- TEN SETE CORES, SEMPRE NA MESMA ORDE. APRENDEMOS A COR AÑIL.
- PÓDESE VER DE NOITE SE HAI NÉBOA E LUZ DE LÚA.