martes, 26 de febrero de 2019
ANIVERSARIO SARAY
A NOSA VETERANA SARAY XA TEN 6 ANOS, É A MAIOR DE TOD@S. NORABOA SARAY , QUERÉMOSTE MOITO ...E O SABES!!
jueves, 21 de febrero de 2019
INSPIRÁNDONOS EN ROSALÍA
ACHÉGASE O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO E XA TEMOS PREPARADA A NOSA HOMENAXE. BAIXO O LEMA LIBRE O MEU PENSAMENTO TODAS AS ESCOLAS ESTAMOS A FACER ARTE CO RETRATO E A POESÍA DE ROSALÍA . PARA QUE AS MULLERES, AS PALABRAS, OS SENTIMENTOS , A POESÍA E A LINGUA ,BULAN LIBREMENTE CON TODO O SEU ESPLENDOR.
A VERDADEIRA HISTORIA DOS TRES PORQUIÑOS
SOAMENTE A COMPAÑÍA TEATRO DEL ANDAMIO COÑECE A VERDADEIRA HISTORIA DOS TRES PORQUIÑOS, QUE EN REALIDADE SON DOUS PORCOS E UNHA PORCA, E NOLA CONTARON A TRAVÉS DOS SEUS TÍTERES CON MOITO SENTIDO DO HUMOR.
viernes, 15 de febrero de 2019
APRENDENDO FOTOGRAFÍA CON RICARDO
HOXE ESTIVO NO NOSO COLE RICARDO, O TÍO DE ANDRÉS. COMO SABIAMOS QUE LLE GUSTABA MOITO A FOTOGRAFÍA INVITÁMOLO A VIR PARA QUE NOS AMOSASE A SÚA CÁMARA E FACER ALGUNHAS FOTOS EXPERIMENTAIS. ENSINOUNOS O OBXECTIVO, O ZOOM, O TRÍPODE, O FLASH... FIXEMOS FOTOS MOVÉNDONOS, SALTANDO, DENTRO E FORA, AQUÍ PODEDES VER ALGUNHA. AO FINAL XA HABÍA MOITAS GANAS DE XOGAR PERO EL, COMO BO FOTÓGRAFO, NON PERDEU A PACIENCIA. MIL GRAZAS POR TODO RICARDO.
ARTE EN ACCIÓN
A TAREFA DA BIBLIOTECA DESTA SEMANA PARTE DO LIBRO PIENSA Y CREA COMO UN ARTISTA, DE AÍ VEU A NOSA INSPIRACIÓN. OS NENOS E NENAS ELIXIRON FACER ESCULTURAS DE XEO CON ELEMENTOS NO SEU INTERIOR. PUXÉMONOS A PENSAR E DECIDIMOS USAR LUVAS PARA QUE O XEO TIVERA FORMA DE MAN, RECHEÁMOLAS CON AUGA TINGUIDA E COUSIÑAS QUE ATOPAMOS NO RECANTO DE ARTE. POR SUPOSTO HOUBO QUE METELAS NO CONXELADOR UNHA NOITE ENTEIRA. ADEMÁIS DEIXAMOS PREPARADO NO AREEIRO UNHA MONTAÑA DE AREA PARA MONTAR ALÍ A NOSA OBRA DE ARTE E ASÍ NON MOLLAR A CLASE AO DERRETERSE.
AO DÍA SEGUINTE ABRIMOS AS LUVAS E AS PEZAS DE XEO ERAN BEN BONITAS, AÍNDA FALTANDO ALGÚN DEDO. DEIXÁMOLAS NA MONTAÑA DE AREA LISTAS PARA A SÚA TRANSFORMACIÓN.
A PARTIR DESTE MOMENTO A OBRA DE ARTE COBROU VIDA E FIXO A SÚA TRANSFORMACIÓN SEN QUE NÓS ACTUÁSEMOS SOBRE ELA.
E FINALMENTE CONVERTEUSE EN ALGO TOTALMENTE NOVO E DIFERENTE...NADA QUE VER CO QUE NÓS IMAXINAMOS. LEVOUNOS DOUS DÍAS, PERO FOI ...EMOCIONANTE!
miércoles, 13 de febrero de 2019
ARTE COLECTIVO PARA O CACO DE PEPA
O CACO DE PEPA SEGUE RETÁNDONOS A XOGAR CON EL. ESTA SEMANA TRÓUXONOS UN XOGO MOI ARTISTICO E ENTRETIDO, WUAUU DE HERVÉ TULLET. DESPOIS DE EXPLORAR AS MÚLTIPLES POSIBILIDADES QUE OFRECE , FIXEMOS UNHA COMPOSICIÓN COA APORTACIÓN DE TODOS E TODAS.
MUSEO DE BELAS ARTES
O VENRES FOMOS AO MUSEO DE BELAS ARTES. ALÍ PRESENTÁRONNOS A ACTIVIDADE OS CINCO SENTIDOS NA QUE SE FAI UN PERCORRIDO POLO MUSEO PARA VER CINCO OBRAS DE ARTE RELACIONADAS COA VISTA, OLFACTO, OUVIDO , GUSTO E TACTO. AO REMATE CREAMOS UN RETRATO RECORTANDO AS PARTES DA CARA E COLOREÁNDOO, COMO NON NOS DEU TEMPO DE REMATALO, TERMINÁMOLO AO DÍA SEGUINTE NO COLE.
martes, 5 de febrero de 2019
PEDRO PERFECTO ARQUITECTO
EMPEZAMOS A TRABALLAR COAS TAREFAS INTEGRADAS DA BIBLIOTECA, NESTA OCASIÓN CORRESPONDEUNOS A PARTE DE LÓXICA MATEMÁTICA. COMO PUNTO DE PARTIDA PRESENTAMOS O LIBRO PEDRO PERFECTO ARQUITECTO, QUE NOS GUSTOU MOITO. DESPOIS DE LELO REFLEXIONAMOS SOBRE QUE CONSTRUCCIÓN ARQUITECTÓNICA PRECISABA O NOSO CONCELLO. AS PROPOSTAS FORON: UN ACUARIO OU UN CINE, E ,TRAS UNHA VOTACIÓN, SAÍU ELIXIDO O CINE COMO PROXECTO DE CONSTRUCCIÓN. ASÍ QUE NOS PUXEMOS MANS Á OBRA COA MAQUETACIÓN. COMA SEMPRE, COAS IDEAS DE TODOS E TODAS QUEDOUNOS QUE NIN PINTADO.FINALMENTE RECHEAMOS A FICHA DOS DATOS TÉCNICOS: MATERIAIS EMPREGADOS, DIMENSIÓNS, PESO, PRESUPOSTO...
MENOS MUROS , MÁIS PONTES
XA ESTÁ REMATADA A NOSA OBRA DE ARQUITECTURA POLA PAZ. UNHA VEZ SECO O RECEBADO NOS DISPUXEMOS A PINTAR, A TÉCNICA USADA FOI A ELIXIDA POLOS NENOS E NENAS: USAMOS OS PULVERIZADORES PARA FACER GRAFITI, REMATAMOS ESCRIBINDO A MENSAXE QUE QUERIAMOS TRANSMITIR COA MESMA. O ACABADO LÉMBRANOS AO ARTE URBANO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)