jueves, 26 de abril de 2018
MANS Á MASA DESTA SEMANA
VOLVEMOS A COCIÑAR CON SANDRA QUE NOS ENSINOU A FACER CUSTARD ,UNHA ESPECIE DE NATILLAS TÍPICAS DE INGLATERRA. COMO É LÓXICO, DESPOIS PROBÁMOLAS. O PROFE IVÁN PROPÚXONOS FACER ARTE COS LACASITOS , PRIMEIRO COMEMOS UNS POUQUIÑOS PARA NOS INSPIRAR... E TAMÉN USAMOS O ZUME DA CENOURA PARA COLOREAR.
martes, 24 de abril de 2018
23 DE ABRIL
ESTA DÍA É IMPORTANTE PORQUE É O DÍA DO LIBRO, E OS LIBROS ESTÁN MOI PRESENTES NAS NOSAS ESCOLAS E NAS NOSAS VIDAS . NESTA XORNADA TODO O ALUMNADO E PROFESORADO DO CRA NOS XUNTAMOS NA CHOEIRA PARA CELEBRALO XUNTOS, CON CONTACONTOS , OBRADOIROS E ACTIVIDADES MOI VARIADAS. COMA SEMPRE...PASOU A MAÑÁ VOANDO!! .
TAMÉN VEREDES ALGUNHA FOTO DA SAÍDA AO PALACIO DA ÓPERA DO MÉRCORES PASADO.
TAMÉN VEREDES ALGUNHA FOTO DA SAÍDA AO PALACIO DA ÓPERA DO MÉRCORES PASADO.
jueves, 19 de abril de 2018
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONVOCADO DENDE A BIBLIOTECA CO MOTIVO DO DÍA DO LIBRO SÓ TIVEMOS DÚAS PARTICIPACIÓNS . DENDE VINSEIRA VOTAMOS E ESCOLLEMOS A NOSA PREFERIDA PARA PASAR Á FINAL, XUNTO COAS ELIXIDAS NAS OUTRAS ESCOLAS.
MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS DE ANDRÉS E VICTORIA POR COLABORAR CON NÓS NESTA ACTIVIDADE ENVIÁNDONOS ESAS FOTOS DIVERTIDAS. AGORA SORTE A TOD@S E QUE GAÑE @ MILLOR!!
MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS DE ANDRÉS E VICTORIA POR COLABORAR CON NÓS NESTA ACTIVIDADE ENVIÁNDONOS ESAS FOTOS DIVERTIDAS. AGORA SORTE A TOD@S E QUE GAÑE @ MILLOR!!
NOVA MISIÓN NA ILLA FANTASÍA
SEGUIMOS RECIBINDO CARTAS DE ILLA FANTASÍA , SEMPRE AGRADECÉNDONOS A NOSA COLABORACIÓN E PROPOÑÉNDONOS NOVAS MISIÓNS. NESTA OCASIÓN TIVEMOS QUE AXUDAR A BUSCAR E XUNTAR AOS UNICORNIOS DE NOVO PARA QUE VOLTEN Á ILLA AGORA QUE XA PASOU O SUSTO E TODO VOLVE Á NORMALIDADE.
COCIÑAMOS CON BRÚJULA
A NOSA AMIGA BRÚJULA VOLTOU A VINSEIRA. DESTA VOLTA TROUXO UNHA RECEITA CHINA PARA ELABORAR NA ESCOLA COA AXUDA DAS NENAS E NENOS. FOI XENIAL E ANTES DE MARCHAR ...UNHA SORPRESA CHULÍSIMA!!
OBRADOIRO DE RECICLARTE
OLA PEQUES E FAMILIAS ! AÍNDA QUE ESTOS DÍAS NON ME VEDES POR VINSEIRA EU SI QUE VOS VEXO A VÓS! JA,JA!
ESTE LUNS O CONCELLO DE CULLEREDO OFRECEUNOS O OBRADOIRO DE RECICLARTE CO QUE NOS AXUDAN A FOMENTAR A NOSA CONCIENCIA ECOLÓXICA DE COIDADO DO MEDIO AMBIENTE. ADEMÁIS DECORAMOS UN TARRO DE CRISTAL QUE SE PODE REUTILIZAR DE LAPICEIRO, PARA GARDAR COUSIÑAS OU O QUE QUEIRAMOS.

jueves, 12 de abril de 2018
CONCERTO NO CONSERVATORIO
O MÉRCORES ASISTIMOS A UN CONCERTO DIDÁCTICO NO CONSERVATORIO DE CULLEREDO INVITADOS POLO CONCELLO: ALADIN , UNHA MOSTRA DAS DISTINTAS MÚSICAS DO MUNDO .
AMASANDO AREA MOLLADA
O AREEIRO EN INVERNO DÁ MOITO XOGO PORQUE A AREA HÚMIDA SERVE PARA FACER FORMAS COS CALDEIROS E MOLDES. ESTE LUNS, ADEMÁIS , APARECERON UNS CHARCOS TREMENDOS COS QUE OS NENOS E NENAS DISFRUTARON UN MONTÓN . AO PRINCIPIO DÁBALLES NOXO METELAS MANS NESA PAPARRUCHA, PERO IDES VER QUE PRONTO SE LLES PASOU. ADEMÁIS TIVERON MOITO COIDADO DE NON MOLLAR OS PÉS NIN A ROUPA.
DE COMPRAS NO SUPERMERCADO
NA ESCOLA MONTAMOS UN SUPERMERCADO CUN MONTÓN DE PRODUTOS VARIADOS .
TIVEMOS QUE CLASIFICALOS POR SECCIÓNS E ORDEALOS NAS ESTANTERÍAS. UNHA VEZ FEITO ISTO PUXEMOS RÓTULOS E PREZOS.
CANDO TODO ESTIVO ORGANIZADO ABRÍMOLO PARA FACER AS NOSAS COMPRAS USANDO A LISTA, QUE ELABORAMOS PREVIAMENTE, E SUMANDO OS PREZOS COA AXUDA DO ÁBACO PARA SABER O TOTAL.
LOGO BUSCAMOS OS BILLETES E MOEDAS QUE PRECISAMOS PARA PAGAR E COMPROBAMOS AS CONTAS COA AXUDA DA NOSA CAIXA REXISTRADORA.
UN TRABALLO MOI COMPLETO CO QUE XOGAMOS A SER MAIORES, AOS NENOS E NENAS ENCÁNTALLES TOMAR AS SÚAS PROPIAS DECISIÓNS E MANEXAR CARTIÑOS.

XOGANDO COS ROTUS
COA AXUDA DUNHAS BRIDAS AGRUPAMOS OS ROTUS POR PARELLAS E DESCUBRIMOS O EFECTO QUE SE CREA AO DEBUXAR CON ELES.
ZUME DE ESPINACA
AS ESPINACAS SON UN ALIMENTO SUPERNUTRITIVO E TEÑEN UNHA BONITA
COR VERDE INTENSA . NO COLE ESTIVEMOS EXPERIMENTANDO CON ELAS. PROBÁMOLAS CRÚAS , FROTÁMOLAS NO PAPEL E FIXEMOS ZUME PARA COLOREAR .
COR VERDE INTENSA . NO COLE ESTIVEMOS EXPERIMENTANDO CON ELAS. PROBÁMOLAS CRÚAS , FROTÁMOLAS NO PAPEL E FIXEMOS ZUME PARA COLOREAR .
PRIMAVERA
COA CHEGADA DA PRIMAVERA A NOSA ESCOLA ENCHEUSE DE BOLBORETAS. FOI SORPRENDENTE VER COMO UNHA GOTAS DE PINTURA SE TRANSFORMABAN NUNHAS PRECIOSAS BOLBORETAS COLORIDAS E SIMÉTRICAS.
.
.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)