domingo, 21 de enero de 2024

OBRADOIRO DE COCIÑA

 PARA QUE UN MENÚ SEXA SAUDABLE  DEPENDE DOS  NUTRINTES QUE NOS APORTA : PROTEÍNAS, HIDRATOS E VITAMINAS  DEBEN ATOPARSE SEMPRE EN EQUILIBRIO. A PROPORCIÓN CORRECTA APRENDÉMOLA CO PRATO DE HARVARD OU PRATO DO BO COMER.




DESPOIS DE VER OPCIÓNS  DIVERSAS, ELABORAMOS ENTRE TODAS E TODOS CATRO MENÚS NUTRITIVOS E ELIXIMOS POR MAIORÍA O QUE QUERIAMOS COCIÑAR NA ESCOLA: MACARRÓNS CON VERDURAS E ATÚN, E , DE SOBREMESA, FROITA. ASÍ QUE NOS PUXEMOS MANS Á OBRA E ESE DÍA PAPAMOS UNHA MERENDA CONTUNDENTE...  E DIFERENTE. O QUE TRABALLARON ESAS MANIÑAS!, USANDO UTENSILIOS COMPLICADOS E  COIDADANDO  DE NON CORTARSE E NON QUEIMARSE, FIXÉRONNO XENIAL E CON MOITA ILUSIÓN DE SER COCIÑEIROS DE VERDADE. 

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario