viernes, 12 de enero de 2024

ESTREAMOS ANO E MOITAS COUSAS MÁIS

FELIZ 2024!! ESTREAMOS ANO ... E MOITAS COUSAS MÁIS:  XOGUETES QUE TROUXO O APALPADOR,  MESA DE LUZ,  CALENDARIO WALDORF QUE NOS REGALOU ZUZANA , RUTINAS NA MERENDA ... E COMO FIXO MOITO FRÍO , BAIXAMOS A COCIÑA PARA QUENTAR O LEITE E A AUGA DE FREGAR A LOUZA.
ADEMÁIS , O AVÓ DE ANA TROUXO AS ESPIGAS DE MAINZO QUE NOS TIÑA GARDADAS , XA SECAS,  PARA QUE POIDÉRAMOS DEBULLALAS BEN, UN TRABALLIÑO DE MOTRICIDADE FINA QUE FOMENTA A HABILIDADE DOS  DEDIÑOS... POR SUPOSTO, A ANA NOTÓUSELLE A VETERANÍA, TODA UNHA ESPERTA DEBULLANDO MAINZO.
A PROFE TATI FIXO UN OBRADOIRO DO NUTRIPRATO, QUE LOGO  COMPLETAMOS EN CLASE, ELEXINDO  INGREDIENTES E COMBINACIÓNS PARA TER UN XANTAR RICO E EQUILIBRADO, A VINDEIRA SEMANA POÑEREMOS EN PRÁCTICA O QUE APRENDEMOS .





No hay comentarios:

Publicar un comentario