viernes, 21 de junio de 2024

MARCHAMOS ...QUE TEMOS QUE MARCHAR!!

 O FIN DE CURSO SEMPRE CONFUNDE AS NOSAS EMOCIÓNS , POR UNHA PARTE, DESEXAMOS QUE CHEGUE, E,  POR OUTRA , DANOS MÁGOA SEPARARNOS E DESPEDIRNOS DESPOIS DE TANTOS BOS RATOS XUNTOS. 

AGORA... O MERECIDO DESCANSO!!

TODO O ALUMNADO E PROFESORADO DO  CRA TAMÉN FIXEMOS A NOSA SAÍDA DE DESPEDIDA, PASAMOS O DÍA 20 NA GRANXA ESCOLA  BELELLE, UNHA BONITA XORNADA DE CONVIVENCIA E EXPERIENCIAS COMPARTIDAS. .


E , POR ÚLTIMO,  ANTES DE MARCHAR  , QUEREMOS ENSINARVOS A  REVISTA   AS NOVAS DE PEPA DESTE CURSO  2023/24  , QUE ESTÁ MOI CHULA E CHEA DE SORPRESAS .                     MIRÁDEA CON CALMA PORQUE É 👌👌👌👌👌👌 !!

                           (   PODEDES CLICAR NA IMAXE E  TAMÉN BUSCALA  NA PÁXINA WEB DO CENTRO).

👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇



viernes, 7 de junio de 2024

BOLBORETAS E DEMAIS...

 ESTAS  DERRADEIRAS SEMANAS ESTÁN A SER MOI INTENSAS.

 POR FIN TIVEMOS BÓ TEMPO PARA REMATAR ALGUNHAS ACTIVIDADES PENDENTES  COMO A PLANTACIÓN DE FLORES E  DA MOREIRA QUE NOS REGALOU A FAMILIA DE GAEL, A CANALIZACIÓN DA AUGA COA PROFE TATI , O CIRCUITO DE MOVEMENTO E SAÚDE NO PATIO, ETC.

HOUBO DÚAS SAÍDAS. NA PRIMEIRA PARTICIPAMOS TODOS VISITANDO  A FUNDACIÓN LUIS SEOANE, E NA SEGUNDA , SÓ O ALUMNADO QUE SE ESCOLARIZARÁ  NO CEIP DE TARRIO O VINDEIRO CURSO . FOI UNHA BONITA XORNADA DE ACOLLIDA ORGANIZADA POLO COLEXIO DE TARRIO DA QUE AS NENAS E NENOS VIÑERON FELICES, MOITAS GRAZAS TARRIO!!

ADEMAIS, ESTANDO NA 9º SEMANA DENDE O SEU NACEMENTO, POR FIN AS EIRUGAS DE SEDA SAÍRON DO CASULO METAMORFOSEADAS EN BOLBORETA. PUIDEMOS OBSERVAR COMO OS MACHOS FAN O RECLAMO  ALETEANDO  , COMO SE APAREAN COAS FEMIAS E INCLUSO  , TODO EN DOUS DÍAS, OS PRIMEIROS OVOS. O CICLO DE VIDA ESTÁ CHEGANDO AO SEU FIN.

                          A TÁCTICA DO COLIBRÍ: FUNDACIÓN LUIS SEOANE


                       ACTIVIDADES DOS DERRADEIROS DÍAS EN VINSEIRA 


                XORNADA DE ACOLLIDA DO CEIP  PLURILINGÜE DE TARRIO





sábado, 1 de junio de 2024

POR FIN... A ROMARÍA!!

 AO FIN , POIDEMOS CELEBRAR A NOSA ROMARÍA , UNHA XORNADA FESTIVA CHEA DE ILUSIÓN, ACTIVIDADES E SORPRESAS NA QUE  ESCOLA E  FAMILIA  DISFRUTAMOS DUN ESTUPENDO DÍA XUNTOS NO PARQUE DE CELAS .

ADEMAIS CELEBRAMOS O FIN DO PROXECTO  SEMENTANDO SAÚDE CUNHA CARREIRA DE ORIENTACIÓN NA QUE CONTAMOS COA COLABORACIÓN DO ALUMNADO E PROFESORADO DO IES DE SABÓN. 


PERO AQUÍ NON REMATA A COUSA, PORQUE ESTA SEMANA TAMÉN FOMOS Á CIDADE DA CULTURA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA RECIBIR O 1º PREMIO DO CONCURSO CANTANDO COAS MANS , ORGANIZADO POLA FAXPG. 

A SORPRESA FOI QUE DURANTE A   ACTUACIÓN  ACOMPAÑOUNOS UXÍA, INTÉRPRETE XUNTO CO GRUPO MARÍA FUMAçA  DA CANCIÓN  "FUN AO MERCADO"... NON PARAMOS!!