FELIZ 2024!! ESTREAMOS ANO ... E MOITAS COUSAS MÁIS: XOGUETES QUE TROUXO O APALPADOR, MESA DE LUZ, CALENDARIO WALDORF QUE NOS REGALOU ZUZANA , RUTINAS NA MERENDA ... E COMO FIXO MOITO FRÍO , BAIXAMOS A COCIÑA PARA QUENTAR O LEITE E A AUGA DE FREGAR A LOUZA.
ADEMÁIS , O AVÓ DE ANA TROUXO AS ESPIGAS DE MAINZO QUE NOS TIÑA GARDADAS , XA SECAS, PARA QUE POIDÉRAMOS DEBULLALAS BEN, UN TRABALLIÑO DE MOTRICIDADE FINA QUE FOMENTA A HABILIDADE DOS DEDIÑOS... POR SUPOSTO, A ANA NOTÓUSELLE A VETERANÍA, TODA UNHA ESPERTA DEBULLANDO MAINZO.
A PROFE TATI FIXO UN OBRADOIRO DO NUTRIPRATO, QUE LOGO COMPLETAMOS EN CLASE, ELEXINDO INGREDIENTES E COMBINACIÓNS PARA TER UN XANTAR RICO E EQUILIBRADO, A VINDEIRA SEMANA POÑEREMOS EN PRÁCTICA O QUE APRENDEMOS .
No hay comentarios:
Publicar un comentario