jueves, 25 de octubre de 2018
RUTH MATILDA ANDERSON NO XARDÍN BOTÁNICO
RUTH MATILDA ANDERSON RESULTOU TODO UN DESCUBRIMENTO , UNHA MOZA AMERICANA QUE VIAXOU A GALICIA A PRINCIPIOS DOS ANOS 20 RETRATANDO TODO CANTO VIA .PERCORREU CORREDOIRAS, FEIRAS, LEIRAS, PORTOS, MONTAÑAS, ALDEAS,CIDADES E VILAS, PARA INMORTALIZAR A ESENCIA DUN POBO CUNHA CÁMARA DE FOTOS DAQUELA ÉPOCA. OS NENOS E NENAS DO CRA FOMOS AO XARDÍN BOTÁNICO DO BURGO PARA VER A EXPOSICIÓN DAS SÚAS FOTOS , ORGANIZADA POLA FUNDACIÓN ABANCA, E A TRAVÉS DELAS ENTENDER UN POUCO MELLOR COMO SE VIVÍA ANTIGAMENTE .
ESTA EXPOSICIÓN FOI MOI INTERESANTE PARA NÓS XA QUE MÁIS ADIANTE IMOS TRABALLAR A FOTOGRAFÍA DENTRO DO PROXECTO MACCRA .
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario