viernes, 18 de marzo de 2016

VISITA AO XARDÍN BOTÁNICO DE CULLEREDO

Os nenos e nenas de Vinseira, xunto cos compañeiros do CRA, visitamos o xardín botánico de Culleredo. Gustounos moito a experiencia porque plantamos dúas árbores ás que lle tivemos que poñer nome!. Custounos un pouco tomar a decisión, pero ao final decidimos chamarlles Manolo e Pepito!. Ademais, tíñannos moitas actividades alí preparadas e ata unha obra de teatro!! Pasámolo xeniiiiaal!!!!