APROVEITANDO QUE FALAMOS DE JOAN MIRÓ NA CLASE, SAÍMOS AO PATIO PARA ANALIZAR UN CADRO SEU QUE TEMOS PINTADO NUNHA PAREDE DE FORA: OBSERVAMOS AS CORES , AS FORMAS , O TAMAÑO...E POR ÚLTIMO PENSAMOS EN QUE PODERÍA REPRESENTAR ESA FIGURA. HOUBO DIFERENTES OPINIÓNS PERO A MAIORÍA DECANTOUSE POR UN TOURO OU UN CERVO , O QUE ESTABA MOI CLARO ERA QUE TIÑA CORNOS.
COMO ESE DÍA FACÍA UNHA MAÑÁ PRECIOSA NON DUBIDAMOS EN SACAR AS MESAS E AS PINTURAS PARA FORA E FACER A NOSA PROPIA VERSIÓN DO CADRO.
FINALMENTE DESCUBRIMOS QUE O CADRO ORIXINAL TITÚLASE MULLER CON BONITO SOMBREIRO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario