miércoles, 27 de abril de 2016

TULIPÁNS

Traballamos a linguaxe artística! Fixémonos pintores!!. Como estamos na primavera...pintamos uns tulipáns!. Empregamos garfos con pinturas de diferentes cores e pincel.

Este foi o resultado!!!. Gústanvos???.



viernes, 22 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

O 22 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO, nunha xornada de convivencia na Choeira.
Pasámolo xenial! Tivemos un contacontos, A DRAGONA RAMONA, logo os mestres fixéronllos diferentes xogos relacionados coas emocións e despois merendamos todos xuntos!!. Cando rematamos de merendar, puidemos xogar tod@s no patio ata a hora de marchar!!. Foi unha xornada estupenda!!.
A gañadora do premio foi VALERIA!. NORABOOA!!.



lunes, 18 de abril de 2016

EMOCIÓNS

Aínda que rematamos o libro das emocións, que tanto nos gustou, seguímolas traballando no día a día. Algunhas actividades máis nas que tivemos que plasmalas son por exemplo as seguintes:

Ou a seguinte na que botamos man da nosa imaxinación... e o resultado foi:



viernes, 15 de abril de 2016

O AMOR

E xa chegamos á última emoción do libro do Monstruo de Cores!!. Sí, chegamos a cor ROSA que representa o AMOR!!! Con esto xa completamos o noso mural!!


Tivemos que pensar a quen queríamos moito e, aínda que todos queremos moitooo aos nosos papás e mamás..., aquí a maioría pensamos noutras persoas e animais que tamén os queremos!. Ollade!!.

Como textura, nesta xornada, empregamos a SUAVE e...traballamos co algodón!
Finalmente, decidimos expresar canto nos queremos!!!


miércoles, 13 de abril de 2016

CHEGOU A CALMA!

Despois do medo, chegou a CALMA!!. A avioneta Pepa deixounos un tarro verde no mural e alí todos/as escribimos cousas que nos producen calma!.
Saíron respostas moi curiosas...ollade!!!



E coa calma xa imos completando o noso mural das emocións...Xa só nos queda unha emoción...adiviñades cal é???


Traballamos coa cor verde e empregamos fieltro! 


E así son as nosas caras cando estamos en calma...

martes, 12 de abril de 2016

O MEDO

E chegou ao noso mural o tarro negro...o MEDOOO!!. Pensamos cousas que nos dan medo...Tíñamolo moi claro!!


Empregamos unha textura que nos gustou pouco cando a tocamos pois era moi ÁSPERA!!...
Así é a nosa cara cando temos moitoooooooo medoooooo!!!

viernes, 8 de abril de 2016

RABIA

O noso mural segue medrando!!. Despois da alegría, da tristeza...chegou a RABIA!!!. Enchemos o tarro vermello de cousas que nos producen rabia e ahí está o resultado!!.
Ademais, estivemos manipulando dous tipos de texturas diferentes, unha áspera e outra suave, para ver as diferenzas e, finalmente, puxémoslle la.
Así expresamos a RABIA!!!!

miércoles, 6 de abril de 2016

TRISTEZA

A seguinte emoción que nos tocou traballar foi a TRISTEZA. Puxemos todas as cousas que nos fan sentir tristes no tarro azul e a textura coa que traballamos foi coa "lisa".




E así de TRISTES nos puxemos... ESTAMOS TRISTES... on PhotoPeach

ALEGRÍA

Xa comezamos a traballar a primeira delas, trátase da ALEGRÍA!!. A avioneta Pepa deixounos no mural un tarro amarelo no que tiñamos que poñer unha cousa que non fixese estar alegres.
E así de ALEGRES estamos.... Logo, fixemos unha ficha onde, ademais da emoción, imos traballar as texturas. Coa alegría tocounos traballar a textura rugosa...

martes, 5 de abril de 2016

PORTA DA AULA

Coa chegada desta estación, decoramos a porta da aula!!
Traballamos moitoooo: picamos, recortamos, pintamos, pegamos...pero todo este esforzo valiu a pena!!. Estamos moiiii contentos co noso traballo e co resultado final!!!
Mirade que bonita está agora a nosa porta!!!!!!!.



TRABALLANDO AS EMOCIÓNS

A semana pasada empezamos a traballar as emocións co libro "O monstruo de cores" que tanto nos gusta!!. O primeiro que fixemos foi decorar cada un a súa portada do libro das emocións...Mirade que lío de cores teñen os nosos monstruos!!
Logo os de 3 anos pintamos os tarros das diferentes emocións e os de 4 e 5 anos, ademais de pintalos, puxémoslles os nomes! Que nos tocará facer mañá??...

viernes, 1 de abril de 2016

A PRIMAVERA CHEGOU!!

Xa está aquí!! O xenio do frío marchou para voltar a súa cova ata o seguinte inverno e...a primavera chegou á escola de Vinseira!!. Para darlle a benvida, decoramos a nosa porta!. Mirade que bonita nos quedou!!!.