miércoles, 28 de junio de 2017

Pechado por vacacións!

FELICES VACACIÓNS A TOD@S!
Moitas grazas a tod@s por este curso tan xenial! DESFRUTADE E A PASALO BEN!


Festa último día de cole 23-06-2017

Hoxe remata o cole!

Para celebralo, entre todos trouxemos comida para compartir cos compañeir@s. Estaba todo boíiiiiisimo. Despois do recreo invitamos ás familias para bailarlles unha canción, recitar unha poesía de despedida e facer entrega das notas e agasallos. Fixémoslles unha pequena homenaxe aos maiores que o ano que ven marchan para o cole dos maiores: XIANA, DANY, DANIEL, TAYLOR E XOEL (botámoste en falta!)
E, como despedida e como o tempo acompañou, fixemos unha festa da auga!!!

Moitas grazas a todas as familias por facer o esforzo de vir e por facer que este último día un fin de curso para recordar. GRAZAS!

E MOITA SORTE PARA OS MAIORES NOS SEUS NOVOS COLES!Sodes uns campións!

Último día de cole on PhotoPeach

Cumples do verán: Andrés, Lola e Daniel 20-06-2017

Hoxe celebramos os cumples dos compañeir@s que están de aniversario no verán: Andrés, Lola e Daniel, que cumplen 4, 5 e 6 anos respectivamente.
FELICIDADES COMPIS! E QUE CUMPLADES MOITOS MÁIS!

Cumples do verán (Andrés, Lola e Daniel) on PhotoPeach

Visita de Henrik (pai de Taylor) 19-06-2017

Henrik, o papá de Taylor, traballa con madeira e quixo vir ao cole a contarnos o que fai e a explicarnos moitas curiosidades sobre a madeira e cómo traballala.
Experimentámola coa vista, o olfacto, o tacto... Explicounos cómo coñecer a idade das árbores, a diferenciar unha madeira dura dunha branda, cómo darlle forma, etc. E, como agasallo, el e mais Taylor fixeron no seu taller unha táboa para cortar embutido para cada un cos nosos nomes gravados. Son uns artistas!

Moitas grazas pola visita, Henrik!

Visita de Henrik (pai de Taylor) on PhotoPeach

Visita a Illa Fantasía (Gandarío) 16-06-2017

Por fin imos coñecer Illa Fantasía!
É un sitio precioso, moi preto da praia. Alí coñecimos en persoa ás personaxes da Illa, fixemos un roteiro para coñecer onde viven, fixemos voar o globo, almorzamos no campiño do Bosque e regaláronnos moitas cousas! Aos maiores da escola, como xa aprenderon a ler e a escribir, regaláronlles un unicornio co seu nome.

Foi un día xenial!

Visita a Illa Fantasía on PhotoPeach

domingo, 11 de junio de 2017

Excursión de fin de curso ao muíño do Pedroso (Narón) 09-09-2017

Marchamos de excursión de fin de curso!
Fomos visitar o muiño de Pedroso, en Narón.
Fixemos 3 talleres: un de elaboración de pan, outro de mermelada de kiwi e outro de pegadas de animais con barro. Visitamos o muíño onde moían as fariñas para o pan. Explicáronnos o sistema de troco que facían antigamente os veciños intercambiando cousas.
Despois, xantamos e xogamos un ratiño até que foi hora de marchar.
Viñamos tan cansos que algúns quedamos durmidos polo camiño!

Excursión de fin de curso ao Muíño do Pedroso (Narón) on PhotoPeach

Invitacións para ir a visitar Illa Fantasía 06-06-2017

Chegaron por correo as invitacións para ir visitar Illa Fantasía!
Qué nervios!
Estamos convidados o venres 16 de xuño en Gandarío! VIVAAAAAA!

Invitacións para Illa Fantasía on PhotoPeach