jueves, 20 de junio de 2019

REMATANDO XA...

PREPARÁNDONOS PARA LEVAR OS TRABALLIÑOS A CASA NESTA CARPETA BEN ARTÍSTICA E PARA CELEBRAR O DERRADEIRO DÍA CUNHA MERENDOLA E OUTRAS SORPRESAS!

ESTUDO DE PINTURA

A NOSA ESCOLA CONVERTEUSE NUN ESTUDO DE PINTURA CON TODOS OS ELEMENTOS: CABALETES, PALETAS, PINTURAS, LENZOS, PINCEIS E BROCHAS, AUGA, PANOS ...E MOITA CREATIVIDADE.SEGUIMOS OS MESMOS PASOS QUE NOS ENSINOU O PINTOR EDGAR ORTIZ : ENCAIXAR, DEBUXAR E PINTAR.

ANIVERSARIO DE ANDRÉS

O DERRADEIRO CUMPREANOS DESTE CURSO, PARABÉNS ANDRÉS, QUERÉMOSTE!!

PICADO CONTRAPICADO

IDES VER AS FOTOS QUE FIXERON EN CLASE AS NENAS E NENOS CUNHA CÁMARA MOI PEQUENIÑA QUE SE CHAMA GRAN ANGULAR. ESTÁN XOGANDO A FACER PLANOS PICADOS E CONTRAPICADOS, COA AXUDA DUNHA CADEIRA.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

O VENRES 7 DE XUÑO FOMOS DE EXCURSIÓN A BUÑO PARA VISITAR O ECOMUSEO FORNO DO FORTE. ESTE MUSEO ESTÁ COMPOSTO POLAS ANTIGAS CASAS DOS ALFAREIROS, 7 EN TOTAL, E O FORNO COMUNITARIO. LOLA EXPLICOUNOS MOI BEN TODO O QUE SE PODE VER DENTRO, CUARTOS, COCIÑA, APARELLOS, PEZAS...E ANTONIO, O ALFAREIRO, FÍXONOS DÚAS PEZAS PRECIOSAS NO TORNO E DEIXOUNOS XOGAR CO BARRO PARA FACER AS NOSAS. LOGO XANTAMOS E XOGAMOS EN GABENLLE, A LARACHA.

domingo, 9 de junio de 2019

ARCOS IRIS

PASEO POLO MUNDO A TRAVÉS DE FERMOSAS MÚSICAS, INTERPRETADAS MAXISTRALMENTE POLO GRUPO ARCOS IRIS, XUNTO COAS DANZAS ,XOGOS E ADIVIÑAS. UNHA GOZADA.

REDUCINDO PLÁSTICO

ESTA SEMANA NA QUE SE CELEBRA O DÍA DO MEDIOAMBIENTE E O DÍA DOS OCÉANOS, 5 E 8 DE XUÑO RESPECTIVAMENTE,DENDE O CRA APOIAMOS A INICIATIVA DE REDUCIR OU ELIMINAR DO NOSO CONSUMO DIARIO OS PLÁSTICOS DUN SÓ USO. DISE PRONTO, PERO É ALGO COMPLICADÍSIMO QUE SUPÓN UNHA GRAN CONCIENCIA INDIVIDUAL E ,POR SUPOSTO, UN ENORME ESFORZO. ESTA SEMANA PROBAMOS E O CURSO QUE VEN NOS METEMOS DE CHEO!!

martes, 4 de junio de 2019

EXPERIMENTANDO COA CÁMARA DIXITAL

A CÁMARA DE FOTOS DIXITAL PERMÍTENOS XOGAR COAS IMAXES DE FORMA MOI VARIADA USANDO EFECTOS . POR SUPOSTO, TIÑAMOS QUE PROBAR. ASÍ QUE SAIMOS AO PATIO E ALÍ AS NENAS E NENOS SACARON AS FOTOS QUE QUIXERON,.