O LIBRO EL CUADRO MÁS BONITO DEL MUNDO FÁLANOS DUNHAS MANCHAS DE CORES QUE SE ATOPAN NO ESTUDO DO FAMOSO PINTOR JOAN MIRÓ E DECIDEN ESCAPAR POLO MUNDO ADIANTE NUNHA VIAXE EN BARCO NA QUE INUNDAN DE CORES A CIDADE DE BARCELONA.
NÓS TAMÉN QUIXEMOS CREAR MANCHAS DE CORES AO AZAR PARA CONVERTELAS LOGO EN IMAXES OU FIGURAS IMAXINABLES.
COMO NON TIÑAMOS BARCOS NO COLE AS NOSAS VIAXARON EN TRENS, CONVERTÉNDOSE NUNHA CURIOSA OBRA DE ARTE.
AO DÍA SEGUINTE, COAS MANCHAS XA SECAS , CHEGOU A MAXIA E A SORPRESA CANDO AS IDEAS DOS NENOS E NENAS EMPEZARON A XURDIR DANDO LUGAR A UN MONTÓN DE DEBUXOS , ALGÚNS FEITOS POR MIN E OUTROS FEITOS POR ELES MESMOS, PERO SEMPRE PARTINDO DA SÚA OLLADA E DO SEU IMAXINARIO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario