jueves, 15 de diciembre de 2016

Experimentos co profe Iván (parte II): AS DENSIDADES

O profe Iván trouxo un experimento novo para resolver!
QUÉ PASARÁ SE MISTURAMOS NUN BOTE AUGA, ACEITE E MEL?
Primeiro experimentamos cos sentidos os ingredientes a utilizar. Despois, formulamos as nosas hipóteses: hai quen dixo que se misturaban e quedaba unha cousa fea, outro que quedaba unha cousa rara pero que sabía dulce, etc. Plasmamos no papel o que pensabamos que pasaría.

Despois, fixemos as comprobacións levando a cabo o experiemento e... qué foi o que pasou?? ALAAAAA!! non se misturaban, senón que quedaban separadas unhas doutras, coma se estivesen enfadadas!

O profe Iván explicou que era debido a unha propiedade que se chama DENSIDADE: se é máis denso, vai cara abaixo; pola contra, se e menos denso, tende a ir cara arriba. Por iso a mel baixa ao fondo e o aceite mantense por riba, e nunca nunca se chegan a misturar.

CANTO APRENDEMOS!!

Cumples do mes de Decembro

Este mes tivemos a sorte de poder celebrar na escola 2 cumples!
O día 9 foi o cumple de Taylor, que xa ten 5 anos.
E o día 11 foi o da benxamina do grupo, Carmela, que xa ten 3.
Puxeron a coroa de cumpleañeiras, cantámoslles, regalámoslles o libro de debuxos dos cumples, sopraron as velas e papamos os biscoitos e a tarta! Estaban boíiiiiiiiisimos!

FELICIDADES COMPAÑEIRAS! E A CUMPRIR MOITOS MÁIS!




sábado, 3 de diciembre de 2016

A miña historia é historia: QUEN SON? COMO SON? DE ONDE VEÑO?

Como xa sabedes, este ano estamos a participar nun proxecto titulado "A miña historia é historia". Este primeiro trimestre estámolo a adicar a coñecernos mellor a nós mesm@s e mais ás persoas que temos máis próximas: as nosas familias.

Déixovos unha mostra da cantidade de actividades que estamos facendo durante estas semanas. Desfrutádeas!

Os experimentos do profe Iván (parte I)

Somos fans da Ciencia, e o profe Iván é o noso científico favorito! Sempre nos aprende moitas cousas novas e nos fai poñer a cabeza a funcionar cos seus experimentos.

Esta vez tocou experimentos con globos:
E posíbel mover un CD cun globo?
É posíbel recoller papeliños usando só un globo?
É posíbel facer botar un globo enriba de chinchetas?

Primeiro compartimos as nosas hipóteses, despois fixemos o experimento e comprobamos se as nosas hipóteses eran correctas e por último quitamos as conclusións e as explicacións aos nosos por qués.

Aquí unha mostra do proceso científico:


Qué novo experimento traerá o profe Iván o próximo día na súa caixa de canciños???

Sorpresas de outono: O MAGOSTO

Caen as follas! Todo tórnase marrón e amarelo!
Aparecen follas e froitos novos de outono!
Exploramolos cos sentidos e sacámoslle fotos para ter un bonito recordo deste outono.
E o día 15 na Torre de Celas... FESTA DO MAGOSTO!! Pasámolo guai e coñecimos aos outros/as compañeiros/as das outras escolas que tamén forman parte do noso CRA.

Aquí unha mostra do que fixemos: