lunes, 27 de marzo de 2017

Visita av@s: Vicky, a avoa de Laura 23/03/2017

Hoxe vistounos Vicky, a avoa de Laura. Vicky é enfermeira nun centro de saúde. Trouxo un montón de material co que traballa: depresores, guantes, mascarillas, xeringas, etc. Primeiro explicounos cómo se utilizaban e despois, Xoana ofreceouse voluntaria para auscultala e mirarlle a gorxa. Mola moito cómo se escoita o corazón polo fonendoscopio!
Tamén díxonos uns consellos para cando nos toque ir a vacinarnos: unha culler de zume de laranxa rico, pechar os ollos forte e apretar unha orella, e listo! Nin te enteras! Despois un guante cheo de xeo no brazo, e listo!
Regalounos un kit con material médico para xogas nas nosas casas. Qué chulo!

Moitas grazas pola visita, Vicky!
Visita de Vicky, avoa de Laura  on PhotoPeach

Plantamos castiñeiros de indias 21/03/2017

O concello trouxo 2 árbores para plantalas nos terreos do cole. O xardiñeiro díxonos que eran castiñeiros de indias. Buscámonos no Google para saber cómo van ser cando medren. Van ter unhas castañas un pouco diferentes: parécense ás que comemos, pero son máis redondiñas. Chámanse "castañas de envidia" e din que se as gardas, traen sorte!

Plantamos árbores on PhotoPeach

Visita de Maruja, avoa de Xoel 21/03/2016

Hoxe veunos visitar Maruja, a avoa de Xoel. Maruja é unha artista! fai manualidades con material de refugallo e trouxo para ensinar. Tamén trouxo obxectos antigos que utilizaba cando era máis nova. Algúns parécense aos que temos na casa, pero doutros non tiñamos nin idea!
Despois nos fixo unha manualidade en directo para explicarnos cómo traballaba e con qué ferramentas.

Grazas pola visita,Maruja!
Visita de Maruja, avoa de Xoel on PhotoPeach

3ª visita de Malauva 16/03/2017

Voltou Malauva á nosa escola!
Esta vez chegou voando en globos!pero volveu chegar verde do esforzo....
Na carta anterior, as personaxes de Illa Fantasía queren vir a visitarnos ás nosas escolas e estaban buscando sitio para quedarse no concello:
- Necesitábamos un sitio con auga para as sereas e os piratas. Onde se nos ocorriu? Pois nas piscinas da casa de Andrés e de Lola e Carmela.
- Un sitio con bosque para os duendes. Onde? Pois no Xalo.
- E un sitio para as princesas e príncipes? Pois na Torre de Celas.
Onde se non?

Pois Malauva tróuxonos estes globos para avisar ás personaxes de que xa podían vir a visitarnos cando queiran! Pero dentro dalgúns globos viñan unhas letras e atados cuns papeles.  Eran diferentes medios de transporte que as personaxes poden utilizar para viaxar e que tiñamos que construír con esas letras.

Grazas pola visita, Malauva! Até pronto!
3ª visita Malauva on PhotoPeach

martes, 21 de marzo de 2017

Concerto Arcos Iris 14/03/2017

O martes 14 fomos ao Palacio da Ópera da Coruña a ver o concerto do sexteto de corda chamado "Arcos Iris". A profe Mabel explicounos antes de ir cómo se chamaban os diferentes instrumentos de corda cos que ían tocar: viola, violín, violoncello e contrabaixo. Ademais alegrámonos de ver de novo a Ally, unha membro do grupo Arcos Iris que é a mamá dos nosos antigos compañeiros Alec e Elia.

Tocaban diferentes melodía e tiñamos que adiviñar qué sentimento transmitía cada unha delas: ledicia, tristeza, medo, sono ou enfado.

Foros super divertidos e nós pasámolo xenial!

Concerto Arcos Iris no Palacio da Ópera on PhotoPeach

Cumple de Xiana 13/03/2017

Hoxe celebramos o cumple doutra das nosas maiores: Xiana! Ela tamén cumple 6 anos e xa é a segunda maior de toda a escola!
FELICIDADES COMPAÑEIRA!


Cumple de Dany 10/03/2017

Hoxe celebramos o cumple do noso compañeiro Dany! Cumple 6 anos e é o maior de toda a escola!
FELICIDADES COMPAÑEIRO!


Experimentos co profe Iván: os ovos de serpe

Que traería desta volta o profe Iván na súa caixa de experimentos??

Pois nada máis nin nada menos que uns ovos dos que ían saír unhas serpes negras! PERO DE MENTIRA, EHH!

Primeiro tivemos que ver un titorial en Youtube para aprender os pasos. Despois, facer a mistura cos ingredientes. Como tiñamos que usar lume, para que non fose perigoso, saímos para fóra e.... SIIIII, DO NOSO OVO SAÍU UNHA SERPE PEQUERRECHIÑA! Puxémoslle nome e agora a temos na clase de mascota :)

A que mola?
Experimentos co profe Iván: a serpe negra on PhotoPeach

Excursión á Torre de Celas o Día da Muller 08/03/2017

O Día da Muller fomos convidados pola Asociación De Mulleres do Rural de Culleredo "As Berenguelas" á Torre de Celas para compartir con elas este día tan sinalado. A profe Alba presentou o seu proxecto de Son Eu! co que gañamos o premio da Fundación Barrié, escoitamos unha poesía escrita por unha poetisa de 91 anos e despois participamos nos talleres que tiñan preparadas diferentes mulleres que traballaban en distintas profesións:
- No taller da muller investigadora, descubrimos as bacterias que temos dentro da nosa boca ou na cara.
- No taller da muller artesá, ensinounos cómo facer zocas.
- No taller da muller costureira, regaláronnos unha bolsiña feita coa mesma tea coa que fan as fundas para gardar as pandeiretas.
-No taller da muller gandeira, trouxo un porquiño!

Pasámolo guai!
Talleres coas Berenguelas na Torre de Celas no Día da Muller on PhotoPeach

Visita AV@S: Marisol, a avoa de Xiana 07/03/2017

Outra avoa aceptou a nosa invitación e foi a visitarnos á escola!
Marisol, a avoa de Xiana, é unha artista artesá. Traballa con Goma-Eva e fai creacións xeniais.
Trouxo as ferramentas que ela utiliza para traballala e darlle forma, e nos fixo en directo unha demostración construíndo un lapicero personalizado. A que quedou guai?

MOITAS GRAZAS POLA VISITA, MARISOL!

Visita de Marisol (avoa de Xiana) on PhotoPeach


lunes, 6 de marzo de 2017

Proxecto SON EU! Febreiro 2017

Sabedes que somos GAÑADORES DO "PREMIO CONCEPCIÓN ARENAL 2016: PROXECTOS EDUCATIVOS POLA IGUALDADE DE XÉNERO" co noso proxecto "SON EU!" ?

Durante este mes, traballamos as diferentes actividades programadas dentro deste proxecto: este ollo é dunha nena ou dun neno? e esta nariz? e esta boca? cómo o sabes? por qué o sabes? e ti qué opinas? e ti qué pensas? Vestimos a un manequín con roupa ¿de home? ¿de muller? ¿ou para todo a quen lle guste?

Aquí o resultado. Esperemos que vos guste!

Proxecto SON EU! on PhotoPeach

Cumple de Xoán 03/03/2017

Hoce celebramos o cumple de Xoán no cole. Xa cumplira o día 1, pero como estabamos de vacacións de Entroido, quixo agardar un par de días máis para poder celebralo con nós.
Xa son 5 anos! FELICIDADES COMPAÑEIRO!


viernes, 3 de marzo de 2017

Entroido choqueiro 24/02/2017

XA CHEGARON OS CHOQUEIROS AO CRA DE CULLEREDO!!

Así de guapos estabamos cos nosos disfraces de choqueiros. Marchamos en autobús ao pavillón de Almeiras. Alí tiñamos 5 xogos populares para xogas: o paracaídas, o bingo, un circuito, o xogo do pano e o de adiviñar.

Cando chegaron as familias, bailamos a canción que nos ensinou a profe Mabel dos choqueiros e despois...a encher o bandullo cos postres de Entroido que trouxeron as nosas familias!

Moitas grazas a tod@s!

Entroido Choqueiro 2017 on PhotoPeach

Visita dos av@s 2: Pilis, as avoas de Andrés 23/02/2017

Hoxe aceptaron a nosa invitación as dúas avoas de Andrés: a avoa Pili de Castelo e a avoa Pili do Temple.

Como estamos na víspera do Entroido, tiveron unha moi boa idea e viñeron a facer con nós un sabroso taller de rosquillas de Entroido. Primeiro nos explicaron os ingredientes que necesitabamos para facer a masa e despois misturamos todos. Cando a masa xa estaba feita, puxémonos man á obra a facer rosquillas. Despois escribimos entre todos na pizarra os ingredientes que empregamos, por si algún de nós quería facelas nas súas casas.

E sí: as probamos. E sí: estaban boíiiiiiiiiismas!

Moitas grazas pola vosa visita, avoas Pilis!

Visita avoas de Andrés (taller de rosquillas de Entroido) on PhotoPeach

Cumple Sarai 23/02/2017

Hoxe está de cumple a nosa compañeira Sarai! Cumple 4 anos! Outra pequena que se nos fai maior....

FELICIDADES COMPAÑEIRA!



Día de Rosalía 17/02/2017

Hoxe conmemoramos o Día de Rosalía de Castro. Pero... quen foi Rosalía?

En Internet atopamos información sobre a súa infancia, a súa vida, as súas viaxes e as súas obras. Foi unha persoa moi importante para Galicia e para o galego.

Por isto, desde o ENDL, tiñamos que escribir cadanseu verso do poema Eu cantar, cantar, cantéi  e sacarmos unha foto co verso e mais, posto que xa está aquí o Entroido, cunha careta de Rosalía.

Xuntaremos os versos de todas as escolas do CRA e pronto veredes o resultado.

A ver se sodes quén de coñecernos?

jueves, 2 de marzo de 2017

Visitas dos av@s 1: Antonio, o bisavó de Aurora 16/02/2017

Hoxe aceptou a nosa invitación o bisavó de Aurora, o Sr. Antonio.

Viña cunha bolsa vermella chea de cousas. Estivo contando cómo foi a súa vida cando era zapateiro e facía e amañaba zapatos. E de dentro da súa bolsa sacou... UN PAR DE ZAPATOS DE NENO ANTIGOS! Vímolos, tocámolos, ulímolos, investigámolos... Non se parecen en nada aos que levamos hoxe en día!

O Sr. Antonio tamén trouxo unhas ferramentas que utilizaba para facer e amañar os zapatos. Explicounos para qué servían cada unha delas, cómo tiñamos que collelas e cómo se usaban.

Moitas grazas pola visita, bisavó Antonio!



2ª visita de Malauva 16/02/2017

Outra vez está aquí Malauva! VIVAAAAAAAA!!Volveu chegar verde co esforzo, miña pobre....

Traía enmarañada na testa unha cola de serea e na man unha que levabamos días buscando por ela... A NOSA COLA DE SEREA!!! A de Vinseira chámase MAR SALGADA, pero a que traía Malauva (que era a da serea máis importante de Illa Fantasía) viña sen nome... ¿Poñémoslle nós un? Votamos entre todos, e o favorito foi PRECIOSA. Cada un tivo que compoñer con cuños o nome nun papeliño e decoralo, para despois colgalo da cola da serea e darlle así o novo nome.

Para avisar en Illa Fantasía de que xa atopamos as colas, tivemos que pintar pedras de cores e brillantes para que o seu destello cheguase até alí. Qué vos parecen?




Que nova tarefa nos traerá Malauva na seguinte visita?? ADEUS MALAUVA! VOLVE PRONTO!





Facemos zume de laranxa na escola 07/02/2017

Vaites, vaites con este temporal!!

Esta fin de semana pasou por Galicia un temporal fortísimo. Tan forte, que tirou ao chan a laranxeira que tiña Taylor na súa casa. E como estaba cargadiña de laranxas, Taylor aproveitou e trouxo á escola unha bolsa chea!!

Que podemos facer con tantas laranxas??? pois claro...COMELAS!! Pero habería que pelar moitas e teñen a pel moi, moi dura....

E se facemos zume con elas?? PERFECTO!! Un exprimidor, un pouquiño de azucre e LISTO!

Visita da Bruxa Malauva 26/01/2017

Pero quen aterrou na nosa escola?? É A BRUXA MALAUVA de Illa Fantasía!!

Co temporal que fixo estes días, perdeu o rumbo 1do camiño, desestabilizouse da súa vasoira e foi caer ao carón da nosa escola. Púxose verde e todo do esforzo que tivo que facer!

Como se achega o Día da Paz, traía palabras bonitas para aprender, pero co golpetazo e o temporal romperon polo camiño. Foron aparecendo dun paracaídas máxico que traía e despois tivemos que montalas de novo para poder lelas e aprendelas.

Tamén nos regalou un mandala de Illa Fantasía para colocar os que fixemos nós e celebrar así o Día da Paz.

Que visita máis guai! VOLVE PRONTO, MALAUVA!