ARRANCAMOS O PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO (PDI) SEMENTANDO SAÚDE APROVEITANDO OS COÑECEMENTOS DAS NOSAS NENAS E NENOS, QUE TRAS A VISITA OBRIGADA Á DENTISTA, TROUXERON AO COLE INFORMACIÓN, CONSELLOS E ATA UN RATIÑO PARA GARDAR DENTES. FALAMOS DA BOCA, MIRÁMOLA CON LUPA, QUE HAI DENTRO? PARA QUE SERVE CADA COUSA? COMO TEMOS QUE LIMPALA E COIDALA?, CANTOS DENTES TEMOS? COMO É UNHA CARIES? POR QUE SE PRODUCE? CAL É O ANIMAL QUE TEN MÁIS DENTES? JEJE... PENSAMOS UNHA MENSAXE ENTRE TODAS E TODOS E ESCRIBIMOS UNHA CARTA PARA O RATO PÉREZ, QUE FOI MOI AMABLE CON NÓS,
ADEMÁIS PICAMOS AS NOCES QUE TIÑAMOS A SECAR (COMEMOS UNHAS POUCAS E GARDAMOS UN PUÑADIÑO PARA O OBRADOIRO DE COCIÑA), TOSTAMOS PARTE DAS PIPAS DA CABAZA DO SAMAÍN ( OUTRAS GARDÁMOLAS PARA PLANTALAS NA PRIMAVERA), MANEXANDO UTENSILIOS DA VIDA COTIÁ E TENDO CONTACTO DIRECTO COS ALIMENTOS ANTES DE PROCESALOS.
CON ESTOS FROITOS SECOS DO COLE E OUTROS QUE ENGADIMOS ( ANACARDOS, CACAHUETES, AMÉNDOAS...) , AVENA, PLÁTANO, MAZÁ, CHOCOLATE NEGRO, MEL E CANELA , FIXEMOS UNHA GRANOLA TORRADA MOI RICA E MOI SAUDABLE, HOUBO A QUEN LLE GUSTOU MÁIS E A QUEN MENOS, PERO DO SENTIDO DO GUSTO FALAREMOS A VINDEIRA SEMANA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario