APROVEITANDO A TREGUA QUE NOS DEU A CHUVIA, SAÍMOS DE PASEO POLA CONTORNA DA ESCOLA PARA DESCUBRIR QUE O CAMPO ESTÁ CHEO DE COGOMELOS MOI DIVERSOS EN FORMAS E TAMAÑOS, OLLO!...NON OS TOCAMOS POR SE TIVESEN SUSTANCIAS TÓXICAS.
NA AULA APRENDEMOS QUE A LINGUA , ÓRGANO PRINCIPAL DO SENTIDO DO GUSTO, É UN MÚSCULO CHEO DE PAPILAS GUSTATIVAS, ESPECIALIZADAS EN DETECTAR SABORES. A TRAVÉS DO OBRADOIRO QUE DESENVOLVEU ZUZANA , POIDEMOS CATAR, DEGUSTAR E RECOÑECER OS SABORES BÁSICOS , INCLUÍNDO O UMAMI E O PICANTE.
TAMÉN XOGAMOS A RECOÑECER SABORES A CEGAS, PERO ... QUE DIFÍCIL RESULTOU DEIXARSE METER COMIDA NA BOCA SEN SABER DE QUE SE TRATABA!! AO CEREBRO FALTÁBALLE INFORMACIÓN!! ENCANTOUNOS O OBRADOIRO E , POR SUPOSTO, A COMPAÑÍA, MIL GRAZAS A ZUZANA POR PREPARALO E COMPARTIR O SEU TEMPO CON NÓS!!.
ADEMAIS DOUTRAS ACTIVIDADES DE AULA, ESTA SEMANA RECIBIMOS MOITOS LIBROS DAS NOSAS FAMILIAS PARA INVESTIGAR E TER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE OS HÁBITOS SAUDABLES. SEGUIMOS CENTRÁNDONOS NA HIXIENE E NA ALIMENTACIÓN. FALAMOS DA DIXESTIÓN E DA VIAXE DOS ALIMENTOS POR DENTRO DO CORPO, EXPERIMENTAMOS E XOGAMOS CUN APARATO DIXESTIVO MOI BÁSICO E DIFÍCIL DE MANEXAR , PERO... FUNCIONABA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario