sábado, 23 de septiembre de 2023

AS FABAS MÁXICAS E MOITO MÁIS

 SEGUIMOS ACOLLENDO AOS NOSOS PEQUES , QUE ESTÁN PARTICIPANDO EN TODAS AS PROPOSTAS CON MOITO ÁNIMO E ILUSIÓN, SOCIALIZANDO E EXPLORANDO ESPAZOS E MATERIAIS .

APRENDEMOS AS LETRAS DO NOME DE ELMER E REPRODUCÍMOLO DE DIVERSAS FORMAS, FOMOS DANDO OS PRIMEIROS PASOS NAS RUTINAS, IDENTIFICANDO O NOME PROPIO E ALLEO , REPRESENTANDO O ESQUEMA CORPORAL E COLOCANDO  IDENTIFICADORES NAS NOSAS PERCHAS. 

PERO ESTA SEMANA O PROTAGONISMO TÍVOO O CONTO AS FABAS MÁXICAS. AS FABAS VALÉRONOS PARA REALIZAR EXPERIENCIAS SENSORIAIS , TRASBASES, CONTEO...  TAMÉN AS METEMOS  EN ALGODÓN MOLLADO PARA COMPROBAR SE DELAS PODE BROTAR UNHA PRANTA. 

ADEMAIS, O AVÓ DE ANITA DEUNOS UNHAS POUQUIÑAS DE FABAS ENVAINADAS PARA ABRIR EN CLASE, E ...  SORPRESA !!, ERAN  FABAS YINYAN , COMO AS QUE TROUXEMOS DE SUECIA !!

 CON PLASTILINA REPRODUCIMOS A BOCA DO XIGANTE PATADÓN, UNHA BOCA GRANDE CON MOITOS DENTES... COMA O DO NOSO CROCODILO PREFERIDO.



2 comentarios: