SEGUIMOS ACOLLENDO AOS NOSOS PEQUES , QUE ESTÁN PARTICIPANDO EN TODAS AS PROPOSTAS CON MOITO ÁNIMO E ILUSIÓN, SOCIALIZANDO E EXPLORANDO ESPAZOS E MATERIAIS .
APRENDEMOS AS LETRAS DO NOME DE ELMER E REPRODUCÍMOLO DE DIVERSAS FORMAS, FOMOS DANDO OS PRIMEIROS PASOS NAS RUTINAS, IDENTIFICANDO O NOME PROPIO E ALLEO , REPRESENTANDO O ESQUEMA CORPORAL E COLOCANDO IDENTIFICADORES NAS NOSAS PERCHAS.
PERO ESTA SEMANA O PROTAGONISMO TÍVOO O CONTO AS FABAS MÁXICAS. AS FABAS VALÉRONOS PARA REALIZAR EXPERIENCIAS SENSORIAIS , TRASBASES, CONTEO... TAMÉN AS METEMOS EN ALGODÓN MOLLADO PARA COMPROBAR SE DELAS PODE BROTAR UNHA PRANTA.
ADEMAIS, O AVÓ DE ANITA DEUNOS UNHAS POUQUIÑAS DE FABAS ENVAINADAS PARA ABRIR EN CLASE, E ... SORPRESA !!, ERAN FABAS YINYAN , COMO AS QUE TROUXEMOS DE SUECIA !!
CON PLASTILINA REPRODUCIMOS A BOCA DO XIGANTE PATADÓN, UNHA BOCA GRANDE CON MOITOS DENTES... COMA O DO NOSO CROCODILO PREFERIDO.
😍
ResponderEliminar😍
ResponderEliminar