domingo, 28 de mayo de 2023

UNHA CASA … FEITA EN CASA !

 QUE PODEMOS FACER CON ESTA TEA?

 ESA FOI A PREGUNTA…AS RESPOSTAS PASARON POR EXPLORALA , MEDILA, FACER UNHA HAMACA, UN MAR, UN SACO… E UNHA CASA!

PARA FACER UNHA CASA DE TEA , O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI BUSCAR UNHA ESTRUTURA  DE SOPORTE E CALCULAR SE A FUNDA SERÍA O SUFICIENTEMENTE GRANDE, PARECÍA QUE NON , ENTÓN CHEGOU A GRAN IDEA… ABRILA E METER AS MESAS DENTRO!! ... A PARTIR DE AQUÍ FOMOS AXUSTANDO A TEA  CON IMPERDIBLES ATA ACADAR A FORMA DESEXADA. 

O RESTO , SITUAR PORTA E VENTÁS E COSELA PUNTADA A PUNTADA, ADQUIRINDO UNHA DESTREZA E UN CONTROL INCRIBLES. UN AUTÉNTICO TRABALLO EN EQUIPO ONDE TIVERON CABIDA TODAS AS IDEAS E MAN DE OBRA. AGORA QUE ESTÁ FEITA, SÓ QUEDA DECORALA .

VAMOS , QUE SE APARECE POR AQUÍ O LOBO DOS TRES PORQUIÑOS … VAI QUEDAR ABRAIADO!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario