MENTRES PREPARABAMOS A NOSA ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS, LEMBRAMOS A LENDA DO XALO E Á SÚA PROTAGONISTA , A MOUCHA .
VIMOS FOTOS DO ANO PASADO E DECATÁMONOS DE QUE A MOUCHA VESTÍA UN TRAXE MOI PECULIAR, ASÍ QUE , SEGUINDO AS PROPOSTAS DO ALUMNADO, DECIDIMOS PREPARAR UN RECLAMO USANDO ELEMENTOS DA NATUREZA, CORES E COUSIÑAS BRILLANTES E, DEIXÁMOSLLE UNHA MENSAXE ESCRITA NUNHA PANCARTA.
A ILUSIÓN DE QUE A MOUCHA VIÑERA A VINSEIRA, LEVOU ÁS NENAS E NENOS A SEGUIR COA ACTIVIDADE DURANTE O RECREO DE XEITO ESPONTÁNEO ... POIS DEU RESULTADO PORQUE A MOUCHA DEIXOU NO COLE UNHA CAIXA COA SÚA ROUPA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario