UNHA NOVA TAREFA DA BIBLIOTECA LEVOUNOS A PENSAR E INVESTIGAR QUE ELEMENTOS NATURAIS (FROITOS, PRANTAS, ZUMES, ESPECIAS...) NOS VALERÍAN PARA TINGUIR TEA BRANCA. PENSÁMOLO BEN EN CLASE , AXUDÁNDONOS DOS LIBROS QUE ACOMPAÑABAN Á TAREFA , E PUXÉMONOS MANS Á OBRA: TIÑAMOS QUE TINXIR AS TEAS PARA FORMAR O CÍRCULO CROMÁTICO DA AXENDA 2030 DO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE.
USAMOS REMOLACHA EN ZUME E AUGA DA SÚA COCIÓN , O MESMO COA LOMBARDA, Á QUE ADEMÁIS ENGADIMOS BICARBONATO PARA CAMBIARLLE A COR, CÚRCUMA, CURRI E PEMENTÓN. INTRODUCIMOS AS TEAS E DEIXÁMOLAS A REMOLLO TODA A NOITE.
TAMÉN USAMOS ESTAS TINGUIDURAS PARA PINTAR E VER A SÚA COR NO PAPEL, BUSCANDO NO MOSTRARIO DE TELAS E NOS LIBROS OS TONOS MÁIS SEMELLANTES. APRENDEMOS QUE AS CORES TEÑEN TANTOS NOMES DIFERENTES COMO MATICES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario