viernes, 9 de diciembre de 2022

TINGUIDURAS NATURAIS

 UNHA NOVA TAREFA DA BIBLIOTECA LEVOUNOS A PENSAR E INVESTIGAR QUE ELEMENTOS NATURAIS (FROITOS, PRANTAS, ZUMES, ESPECIAS...) NOS VALERÍAN PARA TINGUIR TEA BRANCA. PENSÁMOLO BEN EN CLASE , AXUDÁNDONOS DOS LIBROS QUE ACOMPAÑABAN Á TAREFA , E PUXÉMONOS MANS Á OBRA: TIÑAMOS QUE TINXIR AS TEAS PARA FORMAR O CÍRCULO CROMÁTICO DA AXENDA 2030 DO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE.

USAMOS REMOLACHA EN ZUME  E AUGA DA SÚA  COCIÓN , O MESMO COA LOMBARDA, Á QUE ADEMÁIS ENGADIMOS BICARBONATO PARA CAMBIARLLE A  COR,  CÚRCUMA, CURRI E PEMENTÓN. INTRODUCIMOS AS TEAS E DEIXÁMOLAS A REMOLLO  TODA A NOITE. 

TAMÉN USAMOS ESTAS TINGUIDURAS PARA PINTAR  E VER A SÚA COR NO PAPEL, BUSCANDO NO MOSTRARIO DE TELAS E NOS LIBROS OS TONOS MÁIS SEMELLANTES. APRENDEMOS QUE AS CORES TEÑEN TANTOS NOMES DIFERENTES COMO MATICES.







No hay comentarios:

Publicar un comentario