O VENRES 4 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O MAGOSTO NO CRA.
REUNÍMONOS TODO O ALUMNADO E PROFESORADO NO PARQUE DE CELAS, UN ESPAZO NATURAL PRECIOSO QUE TEMOS NA NOSA CONTORNA. ALÍ ORGANIZAMOS XOGOS POPULARES COMO A CARREIRA DE SACOS, LEVAR A CASTAÑA NA CULLER , BAILAR OS TROMPOS, FACER CONSTRUCCIÓNS DE MAZORCAS DE MILLO E ANDAR NOS ZANCOS, PERO TAMÉN TIVEMOS TEMPO PARA XOGAR NO PARQUE E DISFRUTAR DO BOSQUE E DA NATUREZA.
MERENDAR TODAS E TODOS XUNTOS ENCÁNTANOS. COMEMOS UN MONTÓN DE CASTAÑAS QUE ASOU O AVÓ DE VALERIA. ASÍ QUE AGRADECEMOS ENORMEMENTE A COLABORACIÓN DA ASOCIACIÓN E DAS FAMILIAS QUE O FIXERON POSIBLE. O TEMPO ACOMPAÑOUNOS PARA QUE TODO FOSE PERFECTO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario