jueves, 10 de noviembre de 2022

MAGOSTO 2022

O VENRES 4 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O MAGOSTO NO CRA. 
REUNÍMONOS TODO O ALUMNADO E PROFESORADO NO PARQUE DE CELAS, UN  ESPAZO NATURAL PRECIOSO QUE TEMOS NA NOSA CONTORNA. ALÍ  ORGANIZAMOS XOGOS POPULARES COMO A CARREIRA DE SACOS, LEVAR A CASTAÑA NA CULLER , BAILAR   OS TROMPOS, FACER CONSTRUCCIÓNS DE MAZORCAS DE MILLO  E ANDAR NOS ZANCOS, PERO  TAMÉN TIVEMOS TEMPO PARA XOGAR NO PARQUE E DISFRUTAR DO BOSQUE E DA NATUREZA.
 MERENDAR TODAS E TODOS XUNTOS ENCÁNTANOS. COMEMOS UN MONTÓN DE CASTAÑAS QUE ASOU O AVÓ DE VALERIA. ASÍ QUE AGRADECEMOS ENORMEMENTE A COLABORACIÓN DA ASOCIACIÓN E DAS FAMILIAS QUE O FIXERON POSIBLE. O TEMPO ACOMPAÑOUNOS PARA QUE TODO FOSE PERFECTO.


No hay comentarios:

Publicar un comentario