ESTA SEMANA ADICÁMOLA A PLANTAR.
TIVEMOS QUE CAVAR E REMEXER BEN A TERRA PARA OSIXENALA , ADEMAIS, ENGADÍMOSLLE COMPOST PARA ABONALA E ENRIQUECELA DE SALES MINERAIS.
PARA AS FRAMBUESAS, ARANDOS E AMORODOS, QUE SON PLANTAS, TIVEMOS QUE FACER O FURADO, METELAS NA TERRA E CUBRILAS DE NOVO TAPÁNDOLLE AS RAÍCES. AGORA ESPERAREMOS A QUE MEDREN E VEREMOS SE NOS DAN FROITOS ANTES DO VERÁN.
PARA AS CABAZAS, COLLEMOS AS SEMENTES QUE TEMOS GARDADAS DENDE O SAMAÍN.
AS SEMENTES DE CABAZA PÓDENSE COMER, XA QUE SON PIPAS. ASÍ QUE , UNHAS POUCAS PAPÁMOLAS E OUTRAS PLANTÁMOLAS. A VER SE MEDRAN , PARA RECOLLELAS DE NOVO NO OUTONO.
MENTRES PREPARAMOS A HORTA ULIMOS E TOCAMOS A TERRA, OBSERVAMOS OS BECHOS QUE VIVEN NELA , CARGAMOS PEDRAS E AUGA, DESFIXEMOS O ESTANQUE, CLAVAMOS PAOS ... EN FIN, TODO UN TRABALLO EN EQUIPO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario