viernes, 29 de abril de 2022

A NOSA HORTA

ESTA SEMANA ADICÁMOLA A PLANTAR. 
TIVEMOS QUE CAVAR E REMEXER BEN A TERRA PARA OSIXENALA , ADEMAIS, ENGADÍMOSLLE COMPOST PARA ABONALA E ENRIQUECELA DE SALES MINERAIS.
PARA AS FRAMBUESAS, ARANDOS E AMORODOS, QUE  SON PLANTAS, TIVEMOS QUE FACER O FURADO, METELAS NA TERRA E CUBRILAS DE NOVO TAPÁNDOLLE AS RAÍCES. AGORA ESPERAREMOS A QUE MEDREN E VEREMOS SE NOS DAN FROITOS ANTES DO VERÁN.
PARA AS CABAZAS, COLLEMOS AS SEMENTES QUE TEMOS GARDADAS DENDE O SAMAÍN. 
AS SEMENTES DE CABAZA PÓDENSE COMER, XA QUE SON  PIPAS. ASÍ QUE , UNHAS POUCAS PAPÁMOLAS E OUTRAS PLANTÁMOLAS. A VER  SE MEDRAN , PARA RECOLLELAS DE NOVO NO OUTONO.
MENTRES PREPARAMOS A HORTA ULIMOS E TOCAMOS A TERRA, OBSERVAMOS OS BECHOS QUE VIVEN NELA , CARGAMOS PEDRAS E AUGA, DESFIXEMOS O ESTANQUE, CLAVAMOS PAOS ... EN FIN, TODO UN TRABALLO EN EQUIPO!! 






No hay comentarios:

Publicar un comentario