sábado, 13 de noviembre de 2021

AUGA, CHOIVA E HUMIDADE

 O NORTE, O NOROESTE , A CORUÑA , DISQUE TEN UN CLIMA HÚMIDO E NÓS, NA ESCOLA DE VINSEIRA ,  ÍMOLO COMPROBAR . 

COA CREACIÓN DOS NOSOS PLUVIÓMETROS  SABEREMOS  CANTOS DÍAS CHOVE E CANTA AUGA SE RECOLLE. 

 EN CLASE, EXPERIMENTAMOS E XOGAMOS COA AUGA  FACENDO TRASBASES E OBSERVANDO CAPACIDADES . DESCUBRIMOS QUE CADA RAIA DA GARRAFA  CORRESPONDE A MEDIO LITRO .  TAMÉN APRENDEMOS  COMO É O CICLO DA AUGA E COMO SE PRODUCE A CHOIVA , INCLUSO FIXEMOS NUBES CO NOSO ALENTO ( USAMOS DESINFECTANTE EN CADA INTENTO)

O CONTO É QUE, AÍNDA SEN CHOVER, POLAS MAÑÁS, O CAMPO SEMPRE O VEMOS MOLLADO POR MOR DA HUMIDADE DA NOITE, DA XIADA.  POR ISO , TAMÉN PREPARAMOS UNHA BANDEXA  CON DIFERENTES MATERIAIS QUE NOS SERVIRÁ PARA DETECTAR  O GRADO DE HUMIDADE QUE HAI NO AMBIENTE : UN ESPELLO, PAPEL TINTADO, PAPEL SECANTE, CARTÓN... TODAS AS MAÑÁS TEREMOS QUE OBSERVALOS E COMPROBAR OS CAMBIOS PARA VER  SE ESTÁN SECOS OU HÚMIDOS , CHAMARÉMOSLLE O NOSO  HIDRÓMETRO CASEIRO.


No hay comentarios:

Publicar un comentario