O NORTE, O NOROESTE , A CORUÑA , DISQUE TEN UN CLIMA HÚMIDO E NÓS, NA ESCOLA DE VINSEIRA , ÍMOLO COMPROBAR .
COA CREACIÓN DOS NOSOS PLUVIÓMETROS SABEREMOS CANTOS DÍAS CHOVE E CANTA AUGA SE RECOLLE.
EN CLASE, EXPERIMENTAMOS E XOGAMOS COA AUGA FACENDO TRASBASES E OBSERVANDO CAPACIDADES . DESCUBRIMOS QUE CADA RAIA DA GARRAFA CORRESPONDE A MEDIO LITRO . TAMÉN APRENDEMOS COMO É O CICLO DA AUGA E COMO SE PRODUCE A CHOIVA , INCLUSO FIXEMOS NUBES CO NOSO ALENTO ( USAMOS DESINFECTANTE EN CADA INTENTO)
O CONTO É QUE, AÍNDA SEN CHOVER, POLAS MAÑÁS, O CAMPO SEMPRE O VEMOS MOLLADO POR MOR DA HUMIDADE DA NOITE, DA XIADA. POR ISO , TAMÉN PREPARAMOS UNHA BANDEXA CON DIFERENTES MATERIAIS QUE NOS SERVIRÁ PARA DETECTAR O GRADO DE HUMIDADE QUE HAI NO AMBIENTE : UN ESPELLO, PAPEL TINTADO, PAPEL SECANTE, CARTÓN... TODAS AS MAÑÁS TEREMOS QUE OBSERVALOS E COMPROBAR OS CAMBIOS PARA VER SE ESTÁN SECOS OU HÚMIDOS , CHAMARÉMOSLLE O NOSO HIDRÓMETRO CASEIRO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario