lunes, 27 de marzo de 2017

Visita av@s: Vicky, a avoa de Laura 23/03/2017

Hoxe vistounos Vicky, a avoa de Laura. Vicky é enfermeira nun centro de saúde. Trouxo un montón de material co que traballa: depresores, guantes, mascarillas, xeringas, etc. Primeiro explicounos cómo se utilizaban e despois, Xoana ofreceouse voluntaria para auscultala e mirarlle a gorxa. Mola moito cómo se escoita o corazón polo fonendoscopio!
Tamén díxonos uns consellos para cando nos toque ir a vacinarnos: unha culler de zume de laranxa rico, pechar os ollos forte e apretar unha orella, e listo! Nin te enteras! Despois un guante cheo de xeo no brazo, e listo!
Regalounos un kit con material médico para xogas nas nosas casas. Qué chulo!

Moitas grazas pola visita, Vicky!
Visita de Vicky, avoa de Laura  on PhotoPeach

Plantamos castiñeiros de indias 21/03/2017

O concello trouxo 2 árbores para plantalas nos terreos do cole. O xardiñeiro díxonos que eran castiñeiros de indias. Buscámonos no Google para saber cómo van ser cando medren. Van ter unhas castañas un pouco diferentes: parécense ás que comemos, pero son máis redondiñas. Chámanse "castañas de envidia" e din que se as gardas, traen sorte!

Plantamos árbores on PhotoPeach

Visita de Maruja, avoa de Xoel 21/03/2016

Hoxe veunos visitar Maruja, a avoa de Xoel. Maruja é unha artista! fai manualidades con material de refugallo e trouxo para ensinar. Tamén trouxo obxectos antigos que utilizaba cando era máis nova. Algúns parécense aos que temos na casa, pero doutros non tiñamos nin idea!
Despois nos fixo unha manualidade en directo para explicarnos cómo traballaba e con qué ferramentas.

Grazas pola visita,Maruja!
Visita de Maruja, avoa de Xoel on PhotoPeach

3ª visita de Malauva 16/03/2017

Voltou Malauva á nosa escola!
Esta vez chegou voando en globos!pero volveu chegar verde do esforzo....
Na carta anterior, as personaxes de Illa Fantasía queren vir a visitarnos ás nosas escolas e estaban buscando sitio para quedarse no concello:
- Necesitábamos un sitio con auga para as sereas e os piratas. Onde se nos ocorriu? Pois nas piscinas da casa de Andrés e de Lola e Carmela.
- Un sitio con bosque para os duendes. Onde? Pois no Xalo.
- E un sitio para as princesas e príncipes? Pois na Torre de Celas.
Onde se non?

Pois Malauva tróuxonos estes globos para avisar ás personaxes de que xa podían vir a visitarnos cando queiran! Pero dentro dalgúns globos viñan unhas letras e atados cuns papeles.  Eran diferentes medios de transporte que as personaxes poden utilizar para viaxar e que tiñamos que construír con esas letras.

Grazas pola visita, Malauva! Até pronto!
3ª visita Malauva on PhotoPeach

martes, 21 de marzo de 2017

Concerto Arcos Iris 14/03/2017

O martes 14 fomos ao Palacio da Ópera da Coruña a ver o concerto do sexteto de corda chamado "Arcos Iris". A profe Mabel explicounos antes de ir cómo se chamaban os diferentes instrumentos de corda cos que ían tocar: viola, violín, violoncello e contrabaixo. Ademais alegrámonos de ver de novo a Ally, unha membro do grupo Arcos Iris que é a mamá dos nosos antigos compañeiros Alec e Elia.

Tocaban diferentes melodía e tiñamos que adiviñar qué sentimento transmitía cada unha delas: ledicia, tristeza, medo, sono ou enfado.

Foros super divertidos e nós pasámolo xenial!

Concerto Arcos Iris no Palacio da Ópera on PhotoPeach

Cumple de Xiana 13/03/2017

Hoxe celebramos o cumple doutra das nosas maiores: Xiana! Ela tamén cumple 6 anos e xa é a segunda maior de toda a escola!
FELICIDADES COMPAÑEIRA!


Cumple de Dany 10/03/2017

Hoxe celebramos o cumple do noso compañeiro Dany! Cumple 6 anos e é o maior de toda a escola!
FELICIDADES COMPAÑEIRO!


Experimentos co profe Iván: os ovos de serpe

Que traería desta volta o profe Iván na súa caixa de experimentos??

Pois nada máis nin nada menos que uns ovos dos que ían saír unhas serpes negras! PERO DE MENTIRA, EHH!

Primeiro tivemos que ver un titorial en Youtube para aprender os pasos. Despois, facer a mistura cos ingredientes. Como tiñamos que usar lume, para que non fose perigoso, saímos para fóra e.... SIIIII, DO NOSO OVO SAÍU UNHA SERPE PEQUERRECHIÑA! Puxémoslle nome e agora a temos na clase de mascota :)

A que mola?
Experimentos co profe Iván: a serpe negra on PhotoPeach