ESTAS DERRADEIRAS SEMANAS ESTÁN A SER MOI INTENSAS.
POR FIN TIVEMOS BÓ TEMPO PARA REMATAR ALGUNHAS ACTIVIDADES PENDENTES COMO A PLANTACIÓN DE FLORES E DA MOREIRA QUE NOS REGALOU A FAMILIA DE GAEL, A CANALIZACIÓN DA AUGA COA PROFE TATI , O CIRCUITO DE MOVEMENTO E SAÚDE NO PATIO, ETC.
HOUBO DÚAS SAÍDAS. NA PRIMEIRA PARTICIPAMOS TODOS VISITANDO A FUNDACIÓN LUIS SEOANE, E NA SEGUNDA , SÓ O ALUMNADO QUE SE ESCOLARIZARÁ NO CEIP DE TARRIO O VINDEIRO CURSO . FOI UNHA BONITA XORNADA DE ACOLLIDA ORGANIZADA POLO COLEXIO DE TARRIO DA QUE AS NENAS E NENOS VIÑERON FELICES, MOITAS GRAZAS TARRIO!!
ADEMAIS, ESTANDO NA 9º SEMANA DENDE O SEU NACEMENTO, POR FIN AS EIRUGAS DE SEDA SAÍRON DO CASULO METAMORFOSEADAS EN BOLBORETA. PUIDEMOS OBSERVAR COMO OS MACHOS FAN O RECLAMO ALETEANDO , COMO SE APAREAN COAS FEMIAS E INCLUSO , TODO EN DOUS DÍAS, OS PRIMEIROS OVOS. O CICLO DE VIDA ESTÁ CHEGANDO AO SEU FIN.
A TÁCTICA DO COLIBRÍ: FUNDACIÓN LUIS SEOANE
ACTIVIDADES DOS DERRADEIROS DÍAS EN VINSEIRA
XORNADA DE ACOLLIDA DO CEIP PLURILINGÜE DE TARRIO
No hay comentarios:
Publicar un comentario