miércoles, 14 de septiembre de 2016

BENVID@S AO NOVO CURSO 2016 / 2017

Preparados...
Listos...
XA!

Damos comezo a un novo curso na escola de Vinseira do C.R.A. de Culleredo ! Moit@s continúan e outr@s chegamos nov@s. Pero sexa como sexa, vimos con moitas ganas e con moita ilusión de empaparnos de toooooodo o que caia  nas nosas mans durante este curso. Aquí déixovos unha foto das "ferramentas" que necesitaremos para aprender. Non olvidedes traelas todos os dias da casa! ;)
SAÚDOS E BENVID@S !




sábado, 25 de junio de 2016

FESTA DE FIN DE CURSO

O 23 de xuño celebramos o último día do curso. Foi un día moi especial e emotivo!!. Como colofón final, déixovos o vídeo co que rematamos ese marabilloso día!!!. Moitas graaazas a tod@s! Sodes moi grandeeeeees!. Nunca vos olvidedes que somos un...EQUIPOOOOOOOOO!

domingo, 19 de junio de 2016

domingo, 5 de junio de 2016

VIAXE EN TREN

Como este ano estivemos traballando as viaxes da Avioneta Pepa, decidimos facer a excursión de fin de curso nun medio de transporte especial, diferente para nós...e viaxamos en tren ata Santiago!. Ademais, como tamén estudiamos Santiago de Compostela: catedral, o botafumeiro, As Dúas Marías...pois a viaxe foi moi productiva porque nos lembrábamos de moitas cousas estudiadas ao longo do curso!!. Pasámolo xenial!!!!

viernes, 27 de mayo de 2016

ROMARÍA LETRAS GALEGAS

O DÍA 20 DE MAIO CELEBRAMOS NA TORRE DE CELAS A ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS. PRIMEIRO FIXEMOS OS XOGOS QUE NOS PREPARARON OS PROFES, LOGO CANTAMOS O MAIO TODOS XUNTOS E, SEGUIDAMENTE, DEMOSTRÁMOSLLE AS NOSAS FAMILIAS O QUE PREPARAMOS COA PROFE MABEL. SAIUNOS XENIAL!!!. Á TARDE COMEMOS TODOS XUNTOS E LOGO TOCOULLES ÁS NOSAS FAMILIAS XOGAR!. PASÁMOLO MOI BEN E PARA O ANO QUEREMOS REPETIR!!!.

LETRAS GALEGAS 2016

Como este ano se lle adicaron as Letras Galegas a Manuel María...estivemos traballando sobre el e fíxemolo con algúns dos poemas do seu libro: "Os soños na gaiola". Velaí o noso traballo...

miércoles, 4 de mayo de 2016

EMOCIONÓMETRO

Dende esta semana, temos unha nova rutina na nosa aula!!!! . A Avioneta Pepa deixounos este emocionómetro onde cada un ten unha pinza co seu nome que debe colocar na emoción que elixa, dependendo de como se sinta!!!. Logo, entre tod@s, falamos de como nos sentimos e por que nos puxemos nesa emoción!.