viernes, 27 de mayo de 2016

ROMARÍA LETRAS GALEGAS

O DÍA 20 DE MAIO CELEBRAMOS NA TORRE DE CELAS A ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS. PRIMEIRO FIXEMOS OS XOGOS QUE NOS PREPARARON OS PROFES, LOGO CANTAMOS O MAIO TODOS XUNTOS E, SEGUIDAMENTE, DEMOSTRÁMOSLLE AS NOSAS FAMILIAS O QUE PREPARAMOS COA PROFE MABEL. SAIUNOS XENIAL!!!. Á TARDE COMEMOS TODOS XUNTOS E LOGO TOCOULLES ÁS NOSAS FAMILIAS XOGAR!. PASÁMOLO MOI BEN E PARA O ANO QUEREMOS REPETIR!!!.

LETRAS GALEGAS 2016

Como este ano se lle adicaron as Letras Galegas a Manuel María...estivemos traballando sobre el e fíxemolo con algúns dos poemas do seu libro: "Os soños na gaiola". Velaí o noso traballo...

miércoles, 4 de mayo de 2016

EMOCIONÓMETRO

Dende esta semana, temos unha nova rutina na nosa aula!!!! . A Avioneta Pepa deixounos este emocionómetro onde cada un ten unha pinza co seu nome que debe colocar na emoción que elixa, dependendo de como se sinta!!!. Logo, entre tod@s, falamos de como nos sentimos e por que nos puxemos nesa emoción!.




miércoles, 27 de abril de 2016

TULIPÁNS

Traballamos a linguaxe artística! Fixémonos pintores!!. Como estamos na primavera...pintamos uns tulipáns!. Empregamos garfos con pinturas de diferentes cores e pincel.

Este foi o resultado!!!. Gústanvos???.



viernes, 22 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

O 22 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO, nunha xornada de convivencia na Choeira.
Pasámolo xenial! Tivemos un contacontos, A DRAGONA RAMONA, logo os mestres fixéronllos diferentes xogos relacionados coas emocións e despois merendamos todos xuntos!!. Cando rematamos de merendar, puidemos xogar tod@s no patio ata a hora de marchar!!. Foi unha xornada estupenda!!.
A gañadora do premio foi VALERIA!. NORABOOA!!.



lunes, 18 de abril de 2016

EMOCIÓNS

Aínda que rematamos o libro das emocións, que tanto nos gustou, seguímolas traballando no día a día. Algunhas actividades máis nas que tivemos que plasmalas son por exemplo as seguintes:

Ou a seguinte na que botamos man da nosa imaxinación... e o resultado foi:



viernes, 15 de abril de 2016

O AMOR

E xa chegamos á última emoción do libro do Monstruo de Cores!!. Sí, chegamos a cor ROSA que representa o AMOR!!! Con esto xa completamos o noso mural!!


Tivemos que pensar a quen queríamos moito e, aínda que todos queremos moitooo aos nosos papás e mamás..., aquí a maioría pensamos noutras persoas e animais que tamén os queremos!. Ollade!!.

Como textura, nesta xornada, empregamos a SUAVE e...traballamos co algodón!
Finalmente, decidimos expresar canto nos queremos!!!