AS NOSAS FABIÑAS VAN MEDRANDO : A SEMENTE FÍXOSE PRANTA SORPRENDÉNDONOS CADA DÍA, OBSERVAMOS PERFECTAMENTE AS RAÍCES, TALOS E FOLLAS.
ESTA SEMANA PREPARAMOS OS PRIMEIROS AGASALLOS DE CUMPREANOS DECORANDO MACETAS QUE GARDAN UNHA SORPRESA NO SEU INTERIOR: COA LUZ DO SOL , UN POUCO DE HUMIDADE NA TERRA E MOITA PACIENCIA ... ALÁ POLA PRIMAVERA TEREMOS UN AGASALLO AUTÉNTICO.
COA COLLEITA DOS NOSOS CASTIÑEIROS FIXEMOS COLARES DE ZONCHOS, CASTAÑAS COCIDAS SEN PELAR . NÓTANSE BEN AS HABILIDADES ADQUIRIDAS COA AGULLA O CURSO PASADO!! NESTA CREACIÓN HOUBO QUE MANEXAR CON MOITO TINO FERRAMENTAS DA VIDA DIARIA , IR CONTANDO AS CASTAÑAS POSTAS E CALCULANDO AS QUE FALTABAN ATA TER UNHA DECENA.
ARTE, O PROCESO CREATIVO E O RESULTADO DO MESMO É FASCINANTE . BAIXO UNHAS DIRECTRICES SIXELAS ... QUE VARIEDADE DE POSIBILIDADES ARTÍSTICAS SE DESENVOLVEN! . ESTA SEMANA PINTAMOS CON TÉMPERA, INSPIRÁNDONOS NAS FLORES DE CABAZA DA NOSA HORTA E NA CAÍDA DAS FOLLAS . EXPERIMENTAMOS NOVAS TÉCNICAS E EFECTOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario