OS XOGOS CANTADOS EN LINGUA GALEGA SON CULTURA E TRADICIÓN , PERMITINDO ASOCIAR ESTES CONCEPTOS ÁS VIVENZAS DA INFANCIA E Á SÚA MEMORIA.
HOXE PRESENTAMOS PARA TODAS AS NENAS E NENOS DO CRA DE CULLEREDO UN XOGO CHAMADO O FURÓN.
O FURÓN PODE SER CALQUEIRA OBXECTO PEQUENO : UNHA PEDRIÑA, UNHA CASTAÑA, UNHA LANDRA, UNHA CANICA, UN BOTÓN...
O XOGO CONSISTE EN IR PASANDO O FURÓN POR TODAS AS MANS E DEIXALO CAER , OU NON, DISIMULADAMENTE , DENTRO DUNHA DELAS. UNHA PERSOA FAI DE DETECTIVE E TERÁ QUE ADIVIÑAR QUEN O LEVA.
PARA XOGAR, SÓ TEDES QUE APRENDER A ABRIR E PECHAR A CAIXIÑA FEITA COAS VOSAS MANS E CANTAR. CUN POUCO DE PRÁCTICA SEGURO QUE O CONSEGUIREDES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario